viernes, 29 de junio de 2012

ENTREGA DE DIPLOMAS DO EDLG

Aproveitando o acto de clausura do curso académico 2011-2012, o alumnado e profesorado do centro reuniuse na aula de UUMM o venres 22 de xuño. A biblioteca escolar, Monferosolidario e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixemos agradecer a todos e todas por colaborar activamente nas nosas propostas e poder así dinamizar ao noso centro.
-O EDLG entregou diplomas ao alumnado e á titora de 3º de primaria pola súa participación no certame "Nós tamén creamos", e tamén quixemos obsequiar a todos eles cun dvd da curtametraxe "A tartaruga que non podía durmir", obra que presentaron ao certame.
-Tamén entregamos un diploma de agradecemento a Antonio González López, alumno de 3º da ESO, que por segundo ano consecutivo está a realizar tarefas de xornalista para Xesteira, o blogue-xornal do EDLG.

-En colaboración coa biblioteca escolar entregamos diplomas a todos/as os/as participantes no concurso O Preguntón, así como premios para os finalistas e os gañadores deste concurso.





lunes, 11 de junio de 2012

CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN EN GALEGO

Os rapaces e rapazas de 3º de primaria do CPI Virxe da Cela realizaron unha curtametraxe de animación en galego para presentarse ao concurso "Nós tamén creamos", unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. Aquí tedes o divertido resultado, a historia dunha tartaruga que non podía durmir... Así mesmo, podedes visionar as curtas de outros colexios na páxina da CRTVG.

viernes, 1 de junio de 2012

CANCIONEIRO DE MONFERO



Desde fai varios anos o Departamento de Música vén traballando na elaboración dun “cancioneiro”, para poder recuperar a memoria dos maiores, tratando de rescatar a tradición oral da zona. Os encargados desta tarefa son os alumnos/as de 2º da ESO, que, buscando informantes na súa propia familia ou no ámbito social máis próximo, recollen información variadas (cantigas, coplas, refráns, adiviñas, contos populares, etc). Ano tras ano imos engrosando un arquivo documental a base de textos, e actualmente, grazas ás novas tecnoloxías, incluíndo rexistros audiovisuais (gravación de audio e video empregando os teléfonos móbiles).