viernes, 26 de enero de 2024
SEGUNDA VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID)
Proxecto Mentoractúa-Observa_Acción. Venres 26 de xaneiro 2024. A pesares das dificultades técnicas das nosas compañeiras do CEIP Pintor Rosales (Madrid), fumos quen de establecer comunicación por videoconferencia a través da ferramenta BigBlueButton que ofrece a Aula Virtual do Servizo de Programas de Formación. Esta é a segunda das videoconferencias que realizamos co centro educativo madrileño, para ir deseñando líñas de acción conxunta.
viernes, 19 de enero de 2024
TERCEIRO PREMIO INNOVAGAL 2023-2024 PARA O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA
Parabéns a todo a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, xa que a A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24. O noso centro resultou premiado na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, concretamente acadando o Terceiro Premio.
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio grazas ao seu proxecto de centro Monferosolidario, cunha aposta como Unha Escola no Medio e Para o Medio, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.
Resolucion Innovagal Asinada Cotexado 23 24 by veracruces on Scribd
VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID): PROGRAMA MENTORACTÚA-OBSERVA_ACCIÓN
Xa inmersos nesta nova etapa, a Fase III interautomómica do Programa Observa-Acción, denominada "Conecta", na que o noso centro está emparellado co CEIP Pintor Rosales da Comunidade de Madrid (Programa Mentoractúa), e despois de varias comununicacións escritas, por fin verémomos as caras, aínda que sexa a través dunha pantalla. O venres 19 de xaneiro de 2024, ás 11:30 horas, realizamos a primeira reunión en videoconferencia, a través da ferramenta ferramenta BigBlueButton integrada na «Aula Virtual: Servizo de Programas de Formación», plataforma dixital que serve de apoio para xestións organizativas nesta fase do proxecto. Foi unha primeira toma de contacto, na que xa abordamos aspectos tan fundamentais como as datas das mobilidades. Afondaremos moito máis o vindeiro venres 26 de xaneiro, data prevista para a segunda das videoconferencias.
lunes, 15 de enero de 2024
viernes, 12 de enero de 2024
Pegada ecolóxica: responsabilidade persoal e social.
A emerxencia climática é probablemente un dos
maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se
están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e
expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e
ambiental, en resposta ó consenso da
comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o
medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía
continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e
moito menos os nosos comportamentos. Coa participación do alumnado de 5º e 6º curso da Ed. Primaria no programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, pretendemos sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.
No segundo
trataremos a pegada ecolóxica, onde cada un/unha da nosa rapazada calculará a
súa pegada mediante un sinxelo test recollendo datos da vida cotiá. Cos resultados debateremos para que cada
persoa poña en valor a importancia de
minimizala. |
15 EDICIÓN CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO
martes, 9 de enero de 2024
Visita ao MUNCYT
Este pasado mércores 24 de xaneiro, o alumando de 2º ciclo foi de excusión ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Nesta visita descubrimos o interior dun avión (que ademais foi o avión que transportou ao Gernika!), coñecemos tamén a dous robots, vimos a antiga luz do faro da Torre de Hércules e para rematar fixemos un superobradoiro de matemáticas!
Ao saír sacamos unhas fotos de grupo e descubrimos que existen as granxas de peixes! Sacamos a foto ao carón da cetárea.
lunes, 8 de enero de 2024
O CPI VIRXE DA CELA NA REVISTA EDUGA
No volume 86 (xullo-decembro 2023) da revista EDUGA (Revista Galega do Ensino) aparece publicado o artigo "Deseño do comercio ideal para a nosa contorna: Flowers Coruxou, SL. Unha idea de negocio premiada no certame I-Comercio: Deseña o teu comercio ideal! da Xunta de Galicia". Compartimos este texto con toda a comunidade educativa para divulgar o traballo realizado polo alumnado do noso centro.
O podcast Flowers Coruxou, SL, realizado por alumnado de terceiro da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no curso 2022/23 no certame I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar a mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente.
Deseño Do Comercio Ideal Para a Nosa Contorna_ Flowers Coruxou, SL by veracruces on Scribd