O último día de cole é, para moitos, motivo de moita alegría. Sen embargo, para outros, supón unha preocupación e tristeza, ao ver que os resultados non son todo o bos que desexaron. Nos fogares, isto produce tensións e disgustos que non sempre xestionamos do mellor xeito.
Por iso, nesta ocasión, queremos compartir con vós un boletín no que ofrecemos unha serie de pautas para o mellor tratamento das notas cando non son positivas.
Dende o centro, queremos felicitar o todo o alumnado que obtivo unhas cualificacións tal e como agardaban...e, ao resto, animámosvos a que sigades traballando. Lembrade que é este só o comezo do curso, e non hai ningunha decisión tomada aínda. O equipo educativo ao completo ofrecerá, coma sempre, todo o apoio que precisedes para rematar o curso do mellor xeito. Animo!
Felices Festas para todos e todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario