miércoles, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA

Diversimonstros! e A cidade violeta son os títulos dos obradoiros de ilustración impartidos por Anxo Fariña os días 24 e 25 de abril de 2024. 

Diversimostros! ten o obxectivo de avanzar na nosa Misión do ODS 10: Redución das desigualdades. O alumnado aprendeu a pintar, debuxar e crear un xogo monstruoso, pero sobre todo aprendimos que non todos somos iguais e que as diferenzas son as que fan máis marabillosa a humanidade e o noso mundo.

Cidade violeta ten o obxectivo de aprender facendo e de forma divertida e estivo destinado a nenas e nenos de entre 6 e 11 anos e no que, guiados polo coñecido escritor e ilustrador galego Anxo Fariña,  poderán construír a súa propia cidade en forma de libro. Unha obra moi especial con varias posibilidades de lectura e unha particular sorpresa que só se desvelará ao aplicar luz ultravioleta ao documento: “A idea é que, cunha pintura especial deseñada para brillar na escuridade, o alumnado vaia plasmando mensaxes e escenas propios da unha cidade sen violencia de xénero nos seus libros”

Tamén se fixeron 2 sesións de ilustración infantil: Obradoiros de ilustración de luces e sombras. 

  • 24 de abril Diversimonstros 1º+2º EP 10:00-11:00 Diversimonstros 3º+4º EP 12:00-13:00 A cidade violeta 5º+6º EP 13:00-14:00 
  •  25 de abril Obradoiro ilustración (Anxo Fariña) Ed. inf. 10:35-11:30 h Ed. inf. 12:00-13 h Dous grupos










No hay comentarios:

Publicar un comentario