5 de Maio de 2009
Acuse de recibo vía e-mail de información do material didáctico sobre Ramón Piñeiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009. http://www.seminariogalan.org/ : biografía do autor, fotos, material didáctico, en formato PDF, e actividades en Jclic e Edlim para cada un dos tres ciclos de primaria e educación infantil. O E.N.D.L. imprimirá este material e o entregará aos coordinadores de ciclo para a súa difusión entre o profesorado de Educación Infantil e Eduación Secundaria.
30 de Abril de 2009
Acuse de recibo de material para a campaña “Letras Galegas 2009”, adicada a Ramón Piñeiro, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Montarase a exposición en colaboración coa Biblioteca Castelao. Material enviado:
- Serie de carteis grandes (15 unidades)
- Serie de carteis medianos (15 unidades)
- Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia.
- Ramón Piñeiro: galeguista, editor e ensaísta. Letras Galegas 2009. Xunta de Galicia.Un libro e un dvd.
- Linguas cruzadas. Ana Iglesias Álvarez. Xunta de Galicia. Un dvd e un libro-guía didáctica.
O documental Linguas cruzadas, xunto coa súa guía didáctica, entregarase ao Departamento de Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario