PROXECTO INTERDISCIPLINAR PRIMARIA-SECUNDARIA
“CANALICO DE COCIÑA”.CURSO 2017-18
Dentro do noso proxecto “ COCIÑANDO O NOSO APRENDIZAXE” da
materia de Promoción de Hábitos saudables, de secundaria", dando a forma de
programa de televisión, estamos a
realizar o proxecto “ SABORES DE CORES”, continuando co traballo do proxecto
levado a termo en primaria “CANALICO DE COCIÑA”, consistente na elaboración de
diferentes sobremesas, zumes e batidos creativos elaborados polo alumnado (coa guía- dirección da profesora da
materia Mª Teresa Blanco), con froita fresca beneficiosa para a nosa saúde, o
seu aporte unha dieta cardiosaudable e as súas vantaxes para o coidado do noso
corazón , mimando a presentación e compartindo
co grupo o tempo de degustación dos produtos resultantes.
Como actividades iniciais e motivadoras e de primeira
práctica, na primeira fase do proxecto, fixemos durante o 1º trimestre, a
elaboración de receitas elaboradas por cada alumna/o de forma individual na casa,
en compañía dun membro da súa familia . Cada alumno elaborou un receitario
propio que rexistrou a través de formato power -point ou vídeo, onde detallou:
nome da receita, ingredientes, cantidades, grado de dificultade, nº de
comensais, e execución da mesma paso a paso , xunto co membro da familia
escollido, con quen cociñou. Os alumnos fixeron cada un unha receita por semana,
coa temática proposta (carne, verdura, peixe, sobremesa...etc). O obxectivo
final é a elaboración dun receitario propio de cada alumna/o e un común do
grupo e a súa difusión nun blog de creación propia e nos do colexio e
páxina web.
A segunda parte do proxecto: “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE
CORES”, a iniciamos no 2º Trimestre do ano.
Para iniciar esta actividade elaboramos un escenario propio
dun estudo de televisión onde se incluíu o nome do programa, o decorado e a
infraestrutura precisa para o desenvolvemento do programa, así como os medios
necesarios para a realización, que se levaron a cabo na clase ou no aula Chroma
que posúe o centro. De igual forma, os alumnos/as deseñaron un logotipo para os
seus uniformes (mandil) de cociñeiros ), co nome do Proxecto (“ Canalico de
cociña: Saúde de cores”) .
Previo a elaboración do programa, dentro da fase de
preparación da 2º parte do proxecto, o alumnado realizou un traballo de
investigación, selección e elaboración dos contidos do programa, empregando as TICs(ordeadores, tablets, encerado, pax webs), utilizando como fonte
documental a web:https://zumos.com/recetas (by Zumosol) ,onde escollen as
froitas a empregar, elaborando as súas propias sobremesas, zumes e batidos,
escollendo froitas cardio-saudables, así como a información nutricional da
composición das receitas e información complementaria sobre o coidado do
corazón e a saúde para a elaboración e presentación dos contidos do programa.
De igual forma, os mesmos alumnos levaron a cabo a gravación dos programas, e a
preparación do estudo de gravación.
OBXECTIVOS EDUCATIVOS:
- Tomar
conciencia da importancia do consumo de froita e verdura para o desenvolvemento
saudable das persoas.
- Desenvolver
o hábito cultural da comida compartida e os sinais de respecto no momento da
comida.
- Desenvolver
e relacionar os contidos traballados na materia de Promoción de Hábitos
saudables durante todo o ano escolar
- Mellorar as
estratexias de Investigación e observación de carácter científico.
- Mellorar a
manipulación responsable dos alimentos cos instrumentos axeitados.
- Desenvolver
a autonomía persoal na toma de decisións necesarias para levar a cabo os
proxectos.
- Poñer en
práctica os instrumentos precisos para a planificación dos traballos.
- Desenvolver
a capacidade creativa de cara á presentación dos traballos realizados.
- Practicar e
desenvolver os hábitos de recollida e limpeza dos espazos compartidos.
- Aprendizaxe
progresiva da xestión do tempo na realización de tarefas.
- Coñecer aos
compañeiros do grupo e gustos persoais.
- Desenvolver
o espírito crítico.
- Respectar
as opinións e traballos dos demais.
- Aprender o
manexo e coidado dos medios tecnolóxicos.
- Aprender a
crear escenas e decorados relacionados co mundo audiovisual.
- Coñecer o
vocabulario específico relacionado coa actividade.
- Mellorar o
uso da voz como medio para a comunicación en público.
- Coñecer o
funcionamento do noso corazón e contribuír o seu coidado
- Coñecer as
froitas producidas na contorna.
- Coñecer
outros proxectos de alimentación saudábel.
- Aprender a
elaborar
Temos que agradecer a inestimable axuda da profesora Yolanda do EDLG e Departamento de Relixión na montaxe do programa co Chroma e o seu asesoramento na filmación.
Así que, a espera de proxectar todos os capítulos do programa ao completo,
aquí mostramos para o voso disfrute a 1ª entrega do noso Programa de cociña dos alumnos/as de 1º de
ESO para amosar o gran traballo que están a facer: “CANALICO DE COCIÑA:
SABORES DE CORES” E UNHA DELICIOSA RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE FEITA
POLOS NOSOS COMPAÑEIROS : HUGO E RUBÉN, E PRESENTADO POR DANIEL DE 1º DE ESO.
PROGRAMA 1
BO PROVEITO E SAÚDE CHEA DE SABORES DE CORES !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario