O CFR de Ferrol quere celebrar este día das Letras Galegas 2019, dedicadas a Antón Fraguas, compartindo con todo o profesorado este vídeo realizado cos nenos e as nenas de diferentes centros de Ferrolterra.
Un mar de muiñeiras é unha accion educativa coa pretensión de vindicar a danza galega na escola, e ao tempo homenaxear as letras galegas no 2019, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas.
Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos carpinteiros de ribeira laborando a escola do porvir a rítmo de seis por oito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario