viernes, 4 de noviembre de 2022

DESEÑANDO O COMERCIO IDEAL PARA A NOSA CONTORNA

      O Concurso “I-Comercio: Deseña o teu comercio ideal”, posto en marcha este primeiro trimestre do curso 2022-2023 a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades (Xunta de Galicia) será o motor dun proxecto de colaboración no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) entre as materias de Educación Dixital e Ciencias Sociais no curso de 3º da ESO. 

     Os materiais editados pola Xunta de Galicia para o concurso servirán para traballar no diseño dun proxecto que conciencie ao noso alumnado da importancia do comercio local sostible desde un enfoque innovador en canto ao uso das novas tecnoloxías e a dixitalización. 

     Nas clases de Ciencias Sociais o alumnado estase a mergullar no mundo dos sectores económicos e, dividido en dous grupos, está abocetando cadansúa proposta. A proposta dun grupo está centrada nun negocio floral, e a do outro grupo (formado 5 alumnos/as que cursan ademais a optativa de Educación Dixital) nun proxecto de empresa de ocio e tempo libre que deseña e oferta rutas motorísticas polas Fragas do Eume, tratando de sacarlle o máximo partido á riqueza da nosa contorna, respetando e valorando e promocionando o noso patrimonio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario