Xa sabedes que o pasado curso académico o CPI Virxe da Cela participou en varias iniciativas do Plan Proxecta. Unha delas foi o Proxecto Ríos, coordinado desde o departamento de CCNN pola profesora María José Fandiño, e incluído dentro das actividades do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Para darlle un enfoque más disciplinar a este proxecto, uníronse varios departamentos (CCSS, Relixión, Música, e Francés entre outros), cada un coa súa orixinal aportación, contribuíndo a enriquecer esta abordaxe á temática dos ríos desde o estudo da cultura e da tradición. O resultado gustou tanto que convidaron ao noso centro a expoñer o traballo elaborado na xornada inicial do Plan Proxecta que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado sábado 26 de outubro de 2013.
Nestas mesmas xornadas o CPI Virxe da Cela fixo dobrete, xa que dentro do apartado "Doce meses, doce paisaxes" presentouse o proxecto "A nosa vida, a nosa paisaxe", desenvolvido tamén o pasado curso académico no noso centro e coordinado pola profe de primaria Mª Camino Pereiro, e no que traballaron diferentes niveis educativos (EP e ESO), de novo con diferentes departamentos implicados. No pasado mes de maio xa fixemos unha crónica sobre este proxecto, que foi premiado naquel entón.
Nos seguintes enlace podedes obter máis información sobre a intervención do CPI Virxe da Cela nas Xornadas Iniciais do Plan Proxecta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario