jueves, 27 de junio de 2019

A VIAXE AUDIOVISUAL DE RTVENXEBRE

       Dende hai catro cursos, Laboratorio de Radio e CPI Virxe da Cela xuntaron esforzos para achegar os beneficios pedagóxicos da radio ao alumnado e o certo é que os resultados están sendo marabillosos. Isto é posible grazas a Ayuda en Acción e Fundación Repsol. Este curso, a radio permitiu ao alumnado seguir coñecendo a súa contorna (o entroido da zona, ou a vida dunha veciña, por exemplo) pero ademais, supuxo unha conexión con outras realidades. Lembremos un programa en directo dende o CHUAC de A Coruña para falar da doazón de órganos ou un programa interescolar co CEIP Baraouta para celebra o Día Mundial da Radio
     Ás potencialidades deste medio, sumouse outro: a creación dunha canle de televisión con emisión mundial en Youtube. Co apoio de Ayuda en Acción e Fundación la Caixa, naceu Radio Televisión Enxebre para que o alumnado sexa quen de producir, preprarar pezas audiovisuais que se suman ás radiofónicas. Isto reafirma, novamente, o compromiso do colexio coa innovación e o desenvolvemento das capacidades comunicativas e cívicas do alumnado. 
       Esta RTVEnxebre ten traballado con tódolos cursos de Primaria. O percorrido televisivo fixo que en 1º e 2º de Primaria realizaran contos sobre a igualdade ou describiran cadros de mulleres artistas. En 3º realizaron unha peza sobre as Letras Galegas pero só de autores e autoras vivas, dando as súas recomedacións para celebrar o grande día da nosa literatura. En canto a 4º de Primaria puideron entrevistar a Jacinto Mathe, un mozambicano que compartiu co alumnado a súa historia de loita e superación, sendo un fermoso exemplo para todas nós. Ademais, este curso coñeceu en persoa ‘La Radio de los Gatos’, a radio feita por persoas con parálise cerebral do centro ASPACE en Sada coas que realizaron unha serie de entrevistas. Outra das liñas que se traballaron foi a posta en valor do rural e da contorna. O grupo de 5º de Primaria entrevistou a Ana González, responsable de Casa Lourán e á mestra Mercedes Cachaza. Para rematar, o grupo de 6º de Primaria entrevistou ao antigo conserxe do cole, Álvaro e á cociñeira Pura, ademais de visitar as Granxas de Lousada. 
    Con todos estes contidos, o obxectivo principal deste proxecto é poñer en valor o rural para dar conta de todo o que se fai nel, as oportunidades que a xuventude poder atopar a través de entrevistas a persoas de referencia á axentes da contorna social, educativa ou económica de Monfero e, como defende RTVEnxebre, “suscribirse ó rural”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario