martes, 10 de mayo de 2022

Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

 



Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

A semana pasada recibíamos unha boa nova, comunicábasenos que o noso centro fora seleccionado para participar na fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22 que se celebrará mañá mércores 11 de maio nunha xornada incluída no contexto do I Congreso DixInnova 2022 organizada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Fontán, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Un Superreto que consistía en crear de xeito colaborativo unha maqueta que permitira solucionar un dos seguintes problemas do planeta: a extinción das especies, a contaminación en calquera  das súas formas ou problemas forestais.

Toda a etapa de Ed. Primaria colaborou, pensou e enviou os vídeos cos seus proxectos. 

Cal foi a súa consecuencia? 

Mañá convocáronnos en Santiago de Compostela para presentar 3 proxectos representando a todo o alumnado do colexio. 

3 Proxectos cheos de imaxinación e moito traballo detrás, que participarán nun gran reto, convertirse no proxecto gañador a nivel autonómico na categoría de 6 a 8 anos, fronte a outros máis de 20 colexios seleccionados de entre todos de toda Galicia. 

Moita sorte, pero, para nós, e en especial para mín, tanto os que ides mañá a representarnos coma todos/as os que participastes nestes días rematando os vosos proxectos, practicando e grabando en calquera oco da mañá e da tarde, sodes todos uns auténticos gañadores!!!

Aquí deixovos un adianto do que Mimi preparou con moita ledicia para os representantes que mañá estarán detrás dunha mesa defendendo o seu proxecto!

Moita Sorte!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario