jueves, 27 de junio de 2019

RTVENXEBRE EN MADRID

Para pechar tempada, RTVEnxebre puxo o ramo do mellor xeito: visitando Madrid para facer unha reportaxe co alumnado de 5º de Primaria como protagonista. En primeiro lugar a redacción de 5º visitou as instalacións da Fundación La Caixa e entrevistou a Javier Verdasco, xestor territorial da Obra Social La Caixa en Madrid. Con esta entrevista puideron coñecer os diferentes proxectos sociais desenvoltos e o seu impacto. En segundo lugar, o alumnado coñeceu o traballo dunha redacción amiga, a Cadena SER e da emisora musical Los 40 principales. Dende os estudos da emisora nacional, o alumnado entrevistou ao subdirector de “La Ventana”, Roberto Sánchez, nunha entrevista moi especial. Ademais, coincidindo cunha emisión local, Marta González Novo entrevistou á directora do CPI Virxe da Cela, Camino Pereiro, ao cofundador do Laboratorio de Radio, Sergio Pascual, e a catro alumnos/as: Iria, Bruno P., Marcos e Diego. Pola tarde, o alumnado asistiu a unha parte do programa “La Ventana” no que o propio Sánchez entrevistou a Lucía e Bruno Caínzos, ademais de Beatriz Varela, promotora do proxecto dende Ayuda en Acción, e Lucía Abarrategui, de Laboratorio de Radio. Unha nova aventura para coñecer un novo medio pero sobre todo para valorar o noso, para valorar o rural e todas as oportunidades que nos ofrece. Xa sabedes...suscribídevos ao rural e á nosa canle de Youtube!






No hay comentarios:

Publicar un comentario