martes, 25 de junio de 2019

PROXECTO NATURALISTAS

O “Proxecto Naturalista” xurde da fusión dos proxectos “Eu fago de…” e “Ha medrar…” dado o gran interese do alumnado polos temas de animais na área de ciencias. Neste novo proxecto se recolleron a meirande parte dos obxectivos dos anteriores e ademáis incorporamos os de afondamento nas especies animais existentes nos espazos naturais que nos rodean. Aproveitando a contorna do centro así como a proximidade das Fragas do Eume, o alumnado de educación primaria ampliou o coñecemento de especies vexetais e animais da contorna. Levouse a cabo no 2º e 3º trimestre, e destacamos: 
      • Saída pola contorna para escoitar o canto das aves que rodean o espazo do centro educativo e para recoller mostras para a elaboración dun caderno de campo; visita ao centro de interpretación e ao espazo natural de As Fragas do Eume. Saídas complementarias ao Museo de Historia Natural SGHN de Ferrol. 
      • Elaboración dun traballo artístico e informativo sobre as especies traballadas, Coñecemento da denominación galega e científica dos nomes así como denominación local e variedade lingüística dos nomes das especies, Consulta de guías e páxinas web en galego relativas ao medio natural. Coñecemento de asociacións naturalistas da nosa contorna. 
     • Elaboración dunha exposición colectiva coincidindo co día mundial da auga, incorporando o lema deste ano á exposición.








No hay comentarios:

Publicar un comentario