E TI QUE LES?
EXPOSICIÓN
Do 9 de Marzo ao 17 de Marzo de 2009.
Biblioteca Castelao.
47 persoeiros contestan
47 recomendacións de lectura.
Esta exposición naceu como un proxecto da Biblioteca do IES de Sabón co claro obxectivo de animar á lectura. A súa idea era que outras voces, máis coñecidas, poderían falarnos dun libro e recomendar a súa lectura. Este é o resultado: persoas que pertencen ao mundo da cultura, da comunicación, do deporte e do espectáculo, cederon a súa voz, a súa imaxe e a súa escrita para falarnos dun libro ou dun autor ou autora que os teña emocionado.
3 DE MARZO DE 2009
Recibo do material da exposición Ti que les. Nos próximos días se traballará na montaxe da exposición, en colaboración coa Biblioteca Castelao.
9 DE MARZO DE 2009
Inauguración da exposición E ti que les? Biblioteca Castelao. Do 9 ao 17 de Marzo de 2009.
Circular ao profesorado sobre a exposición E ti que les? Datas, horarios e material didáctico para traballar na aula:
Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística animamos aos profesorado a visitar esta exposición cos seus alumnos/as. Se queredes traballar co dvd para proxectalo na aula de UUMM, tendes dúas copias á vosa disposición no meu casilleiro.
Copia circular: hipervínculo
No hay comentarios:
Publicar un comentario