martes, 17 de marzo de 2009

FLIS-FLI-RIS-FLÁS






Os nosos mellores desexos para disfrutar
do Nadal compartindo o pracer da
lectura en familia.

Felices Festas

E.N.D.L.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.



flis-fli-ris-flás

flis-fli-ris-flás veracruces












25 DE NOVEMBRO DE 2008


Acuse de recibo da campaña Flis-fli-ris-flás, dirixida aos nenos e nenas de Primeiro e Segundo curso de Educación Primaria, que ten como obxectivo o fomento da lectura e o uso da lingua galega no seu ámbito familiar. Secretaría Xeral de Política Lingüística e Editorial Galaxia. Se informa que nos vindeiros días recibiremos o daterial destinado ao alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria. Solicitan asimesmo a difusión entre as familias da obra de teatro Flis-fli-ris-flás, a cargo da compañía Matapiollos, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de decembro, no Teatro Jofre, en Ferrol.


1 DE DECEMBRO DE 2008


Entrega de circular ás familias do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria, informando da campaña Flis-fli-ris-flás: Actuación da compañía de teatro Matapiollos da obra Flis-fli-ris-flás, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de decembro no Teatro Jofre, en Ferrol.


2 DE DECEMBRO DE 2008


Acuse de recibo do material da campaña Flis-fli-ris-flás: 38 lotes, destinado ao alumnado de 1º e 2º curso de primaria. Tras unha xuntanza coas titoras destes grupos, decídese realizara e entrega do material o Venres 19 de Decembro, data que comezan as vacacións de Nadal, e plantexar o material como un regalo navideño. Cada lote contén:


-Unha bolsa de papel coa imaxe da campaña
-Un tríptico de presentación da campaña para as familias
-Unha publicación cun conto ilustrado e propostas de xogos
-Un cd interactivo cunha aventura e unha batería de actividades relacionadas con algunha das capacidades directamente implicadas no acto lector.






No hay comentarios:

Publicar un comentario