lunes, 25 de noviembre de 2024

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas: a Costa do Dexo

 

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en Concellos situados no seu interior.

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido desde o CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, posibilita poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Desta forma, o alumnado do 3º ciclo conta neste curso escolar con dúas propostas:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación  onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.
  • Percorrido pola 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Costa do Dexo".

Con ela queremos que o alumnado:
  • Coñeza patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
  • Analice   os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.
  •  Entenda as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
  • Comparta experienzas e inquedanzas desde a responsabilidade crítica persoal e social.

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario