viernes, 28 de mayo de 2021

FESTIVAL DOS MAIOS NO CPIP VIRXE DA CELA

Faltando soamente un par de días para rematar o mes de maio no CPIP Virxe la Cela poidemos facer un fermoso e colorido Festival dos Maios para darlle a benvida á primavera. A climatoloxía permitiunos xuntar na zona exterior onde aparcan os buses a todo o alumnado de educación infantil e educación primaria, seguindo como está establecido no protocolo as medidas de distancia e seguridade. Quedará para o arquivo e para a memoria as fotografías deste festival dos Maios tan atípico mostrando ao alumnado de 4º da ESO e ás profesoras Rosalía Regueiro e Laura Ferro danzar con mascarillas sanitarias a xa tradicional Danza das Fitas. Contamos tamén coa presencia e participación de Bruno Villamor, profesor da Asociación de Folclóricos Virxe da Cela, e de Diana Caruncho, exalumna do centro e integrante desta asociación, que guiaron e acompañaron na gaita, tamboril e pandeireta as actuacións dos nenos e nenas do noso cole que asisten a clases de música tradicional galega con este profesor. Esperamos poder seguir celebrando ano tras ano esta xuntanza artística e musicada, e intuímos que será posible tendo preparado xa o relevo con estes pequenos músicos/as tan talentosos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario