Durante a última semana do mes de maio o alumnado de 4º da ESO tivo a sorte de recibir unha clase maxistral de graffiti da man de Iria Fafián, unha ilustradora nada en Cataluña e crecida en Galicia. Tres días foi o que esta artista e máis a súa alumna en prácticas necesitaron para poñer en marcha o proxecto que foi organizado a través do departamento de Plástica. O que comezou por un pequeno bosquexo nun papel acabou converténdose nun mural marabilloso co que todos e todas quedaron encantados. Os rapaces e rapazas de 4º ESO puideron observar e participar no deseño dende o primeiro momento. Aprenderon cousas tan cruciais no graffiti como a imprimación, a complexidade dos trazos e, por suposto, os detalles finais. Ver a evolución do debuxo foi impresionante ! É todo un orgullo para nós poder ter unha obra de arte na porta do noso cole. Espazo de traballo: parte de hormigón da parede que está fronte ao pavillón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario