lunes, 10 de mayo de 2021

CHARLA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

 

     O pasado venres 7 de maio, o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo información sobre diferentes posibilidades para o seu futuro. Dende Xefatura e o Departamento de Orientación organizouse unha sesión na que amosar en primeira persoa diversas saídas que interesan ao noso alumnado: diferentes ramas de saber universitario e ensinanzas de réxime especial. Debido a un imprevisto de última hora, non se puido contar con representantes de FP, pero quedou pendente para mellor momento.  
      Sofía Pena, antiga alumna, está rematando Psicoloxía e contounos como se organiza a súa carreira e as diferentes posibilidades que ten. Yaiza Fernández, tamén antiga alumna e compañeira do comedor, explicounoss como de decantara pola Tradución e a Interpretación. Ademais, animou ao alumnado de 3º e 4º a non desanimarse ante as dificultades que poida deparar o Instituto, posto que con esforzo e traballo, poderán superalas. 
     Como hai alumnado moi interesado nas posibles saídas relacionadas co mundo do deporte, Diego e Ruth, os especialistasd e Educación Física do centro, contáronnos todas as posibilidades formativas e laborais que ten o mundo deportivo e que son moi amplas e, ás veces, pouco coñecidas. Desde ciclos medios ao doutoramento, pasando por entrenadorxs de distintos deportes, por exemplo, hai opcións para todos os gustos. 
    Por último, Sergio Villasante falounos das menos coñecidas ensinanzas de réxime especial, en concreto das que teñen que ver co deseño. As posibilidades neste ámbito tamén son moitas xa que, como el mesmo comentou "todo nesta vida se deseña". Ademais, insistiu ao alumnado en que escollan para o seu futuro algo do que podan desfrutar. 
    Felipe e Sonia actuaron como mestres de cerimonias e encargáronse de preparar a aula para poder celebrar esta xornada cumprindo con todas as medidas de seguridade.
 
 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario