Este venres 21 de maio celebrarase na Casa de Cultura de Vimianzo o programa especial de RTV Enxebre, a rede de radio e televión que dá voz a infancia. Este proxecto de Ayuda en Acción reunira ao tres colexios participantes - CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos) e CEIP Labarta Pose (Zas)- nunha experiencia que servira para poñer o ramo á formación en radio e televisión que recibiran dentro dunha iniciativa que procura dotar de máis e mellores ferramentas aos centros de ensino ubicados no rural. O programa, centrado nos dereitos dos nenos e nenas, contará coa partipación de Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia), Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) e Alicia López, da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural. RTV Enxebre conta co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa, desenvolvido por Laboratorio de Radio.
viernes, 21 de mayo de 2021
RTV ENXEBRE: PROGRAMA RADIOFÓNICO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS/AS
En palabras de Camino Pereiro, directora do CPIP Virxe da Cela e participante no evento, "a experiencia estivo xenial, destacando os valores de cooperación e de solidariedade propios do medio rural. Ademais aprendemos que o importante é o respecto á dignidade das persoas e da infancia e que todos os nenos e nenas teñen dereito a ter identidade, educación e calidade de vida independentemente do seu lugar de nacemento.
Ademais, do valor das ONG e de aquelas entidades que loitan pola responsabilide compartida na consecución destes dereitos. Neste senso, Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia) e Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) amosaron o compromiso das entidades que representan para unha acción efectiva ante estas situacións.
Por outra banda, Alicia López Pardo, en representación da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural, fixo fincapé na necesidade de atender ás singularidades dos nenos e nenas do rural que precisan dunha igualdade de oportunidades efectiva para ser os e as futuras baluartes dun desenvolvemento endóxeno sustentable baseado na xustiza social que tanto precisa o rural galego.
Tamén destacar a presenza na gravación da concelleira de cultura do concello de Vimianzo.
Para o alumnado, a gravación deste programa, supuxo unha inxección de autoestima ao ver cómo son quen de participar ao mesmo nivel con nenos e nenas doutros colexios... foi de admirar o respecto que en todo momento mostraron polo traballo dos outros centros participantes. Todos eles deron un bo exemplo de responsabilidade e goce polo traballo ben feito.
Grazas ás intervencións das diferentes convidadas o alumnado puido comprobar a importancia que ten cultivar e conservar a lingua galega e a cultura que se agocha nas pequenas aldeas espalladas por toda Galicia, porque esas costumes, esa cultura forman parte do máis íntimo do noso ser e confórmanos como pobo". Camino Pereiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario