Achégase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luisa Villalta. Nos corredores do edificio de educación secundaria podedes visitar a exposición gañador do concurso Letras Galegas 2024, titulada "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta", e realizada polo centro de FP A Carballeira (Ourense). A proposta deste centro é innovadora, amosando a protagonista das Letras Galegas, Luísa Villalta, coma un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades educativas.
Por outra banda podedes visitar outro panel expositivo situado no patio cuberto, no que Luisa Villalta está retratada como poeta e como música, acompañada polo seu violín, e rodeada de versos poéticos e figuras musicais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario