lunes, 20 de mayo de 2024

AS NEVES. FILME EN GALEGO

O pasado 10 de maio estrenouse en salas de cinema o filme AS NEVES escrito e dirixido por Sonia Méndez. Trátase dun filme con protagonistas adolescentes en galego e protagonizado tamén por un reparto debutante. Un drama social que explora o illamento da Xeración Z galega na era dixital contado dende o seu punto de vista. Despois de estar presente na sección oficial do festival de Málaga o filme chegou o pasado venres as salas de cinema cunha moi boa crítica e tamén resposta dos espectadores. Varios centros amosaron o seu interese en achegar aos rapaces ao cinema. Os temas tratados no filme resultan moi interesantes para xerar un debate entre os rapaces e tamén entre diferentes xeracións. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario