Martes 14 maio 2024, actuación (ás 13.00 h) de Teatro O Cubo no pavillón.“De Vilatriste a Vilalegre”, unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego. Texto de Roi Vidal Ponte. Deseño e plástica de Beatriz de Vega. Interpretado por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño. Co- Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño
Sinopse: Trepas é o alcume dun xoven habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?
Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas.
Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario