Acaba de saír o primeiro número da revista Móvete Xa!, iniciativa da mestra de educación física Ruth Varela Mateos. Podedes consultala na súa versión papel (exposición diante da biblioteca Castelao) ou na súa versión dixital. Esta revista está escrita en lingua galega e conta con diversas seccións (entrevistas, debuxos, xogos, receitas saudables, etc) e lanzarase mensualmente. Aínda que é un proxecto realizado polo alumnado de educación primaria, contará tamén coas colaboracións de alumnado de infantil e da ESO, de profesores/as, das familias e de deportistas profesionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario