Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Este mes en que conmemoramos o Día da Ciencia en Galego tamén vos pode interesar a recompilación de materiais específicos relacionados con este ámbito que se divulgan desde o web da SXPL: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/conmemoracions/ciencia-en-galego. Non esquezades tampouco que, tal e como vos indicamos anteriormente, se vos apetece asistir á videoconferencia da investigadora galega Sonia Villapol debedes anotarvos en: http://www.igaciencia.eu/index.php/gl/node/350, e quen non poida conectarse terá a posibilidade de seguila en streaming na canle de You Tube do CAFI: https://youtu.be/AOCeGlHdlDk.
No hay comentarios:
Publicar un comentario