sábado, 6 de junio de 2020

RADIO NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou os obradoiros do "Laboratorio Radiofónico" impartidos por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. 


Conto pola Paz: Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén facemos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC.
 

Terra, un poema de primaria: 1º de primaria. Palabras mesturadas. Creatividade e sonido. Velaí o resultado. Un podcast chamado terra, un poema con musicalidade. Coa música CCbynoncomercial de Chad_Crouch_-_Algorithms en freearchivemusic. 





Entrevista con Domingo Presas: Na radio do CPI Virxe da Cela, estamos a traballar sobre a discapacidade. Por iso, consideramos importante falar con aquelas asociacións que traballan a prol dos dereitos destas persoas. Por iso, convidamos a Domingo Presas. A música é de Audionautix, a voz, do alumnado de 4º de primaria.
   
Dicionario galego "besbellos": Na radio do CPI Virxe da Cela, creamos un dicionario sonoro de termos que aínda non coñecemos. A nosa primeira palabra é besbello, o alumnado pensa que significa unha cousa e, na realidade, significa o que ides escoitar. Besbellos, escoitade! A música é de Audionautix. 


A miña bisa no cole: Julia é a bisavoa de Iria, alumna de 5º de Primaria. Ela ten moitos anos de experiencia e moitas historias que compartir, por iso Iria conseguiu que a súa bisavoa viñera ao cole a contalas. O formato escollido foi unha conversa radiofónica na que o alumnado preparou unha serie de preguntas e curiosidades para coñecer unha desas historias: o entroido de Ambroa, unha parroquia de Monfero. Ademais, Carmen, a titora do grupo, participou como unha alumna máis na gravación do podcast xa que tamén é veciña da parroquia de Julia. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción, Fundación Repsol e Fundación La Caixa 

No hay comentarios:

Publicar un comentario