.
A clase de 4º de primaria, buscando algunha maneira de traballar a ortografía dun xeito lúdico, atopou xunto coa súa mestra Carmen Espiñeira unha proposta de xogo ortográfico tomando como base un taboleiro da oca. Ao buscar taboleiros decidíronse por un que relacionaba o Camiño de Santiago co xogo da Oca e aí comezou a andaina: “fixemos un taboleiro da Oca, elaboramos preguntas de todas as materias para ir resolvendo e avanzando no camiño… Investigamos os lugares por onde pasaba o Camiño Francés… atopámonos con que o Xogo da Oca fora usado polos monxes templarios coma un mapa do Camiño. Así todos os venres abdicabámolos no horario que tiñan coa titora a “xogar”. Foi unha actividade moi interesante principalmente porque elevou o nivel de compromiso do alumnado coas diferentes materias e que deixou moitas portas abertas de cara ao ano que ven, que estaría máis centrado no propio Camiño de Santiago aproveitando que tamén seguirá considerándose Ano Santo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario