Mulleres de Vangarda é o título dun proxecto realizado polo alumnado de 4º da ESO na materia de Historia. Tal como explica Rosalía Regueiro, docente que coordinou o proxecto: Este curso decatámonos que o programa de Historia da Arte tiña unha carencia moi importante: a muller non estaba presente. Así que decidimos poñer remedio e investigar sobre mulleres artistas. Como a maioría pertencían ao Expresionismo, semellou un bo título para a nosa exposición "Muller de Vangarda". Así, xogamos coas palabras: máis aló do período investigamos mulleres pioneiras e que tomaron a dianteira nun mundo maioritariamente masculinizado.
O traballo comezou a principios do terceiro trimestre. Cada quen escolleu a imaxe que máis lle interesou entre as que proporcionou a profe. Detrás, había un nome sobre o que investigar. A primeira toma de contacto fixémola na Biblioteca: había que poñer o cerebro a traballar buscando na bibliografía para elaborar unha pequena biografía. Deste xeito, tamén practicamos a localización de fondos na biblio e como buscar información. A biografía ampliámola a través dun glosario na Aula Virtual ao que acceder co código QR. Desde a aula de informática seleccionamos as imaxes necesarias que logo engadimos aos paneis que agora podedes ver no corredor do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario