Neste curso o alumnado participou no programa Atrévete e no programa Grand Prix Financiero (cursos 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria. Con eles aprendemos que o emprendemento capacita á persoa paras proporse obxectivos viables e a actuar de forma efectiva para acadalos. Tamén, sendo quen de identificar recursos e potencialidades e de xestionalos de forma adecuada. Para experimentar e ver como na realidade son valores imprescindibles na persoa e parte dunha formación integral visitamos as instalación do CIFP Someso e mantivemos unha reunión por video conferencia coa asociación de empresarios do polígono de Sabón, comprobando de primeira man as múltiples vías formativas as que podemos optar.Tamén, realizando un taller de consumo responsable (O gran xogo da Oca) vendo o importante que é a xestión económica dos cartos, diferenciando entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario