Se ben é certo que encontrarse
con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días,
debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a
nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que
a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha
mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer
que as cousas sucedan: "se queremos
que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de
que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova
situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a
continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a
sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes
situacións e reflectindo a forma “en que
as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con
que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario