lunes, 19 de enero de 2026
martes, 2 de diciembre de 2025
“SEMANA DA REPRESIÓN” EN MONFERO
Durante a semana do 24 ao 28 de novembro, o alumnado de 4º da ESO recibiu no centro a varios especialistas sobre cuestións relacionadas con diferentes ámbitos da represión franquista no século pasado. Estas charlas están enmarcadas dentro do seu proxecto de trimestre para a materia de Xeografía e Historia, titulado “Voces silenciadas. Lugares de memoria. Violencia e represión nos concellos de Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior entre 1936 e 1949”.
O primeiro en asistir foi o arqueólogo Serxio
Castro, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, quen lles fixo
unha exposición sobre o proceso de exhumación dunha fosa común. O alumnado
puido compartir con el ata tres sesións de 50 minutos nas que foron descubrindo
diversas curiosidades de arqueoloxía forense e tamén se interesaron por saber
como poderían facer eles como particulares para iniciar a solicitude de
exhumación dos restos que teñen localizados a través de diversas entrevistas
orais aos veciños do Concello de Aranga.
O venres 28, ás 12:35, acudiron á biblioteca o
ilustrador Carlos Sardiña, o xornalista Pablo Santiago, a profesora e
investigadora Anxos García Fonte e o historiador Enrique Sanfiz para presentar
o libro titulado A morte nas Fragas,
que narra a historia de represión de Pedro Rico e Constantino López, veciños da
parroquia de Taboada, en Monfero. Visualizaron o documental e puideron observar
en directo a creación artística de dous impresionantes debuxos feitos a carbón
de Carlos Sardiña. Posteriormente, compartiron con Pablo Santiago unha charla
sobre o seu traballo explicándolles diversos acontecementos e sucesos que están
aínda a investigar.
Por último, á tarde, de 15:35 a 17:30 h
tiveron unha dinámica para traballar a oratoria de cara á próxima presentación
do seu traballo con Oladapo Oladipo, profesor do Colexio Internacional de
Eirís, que lles deu as claves para realizar unha exposición oral controlando os
nervios, os tempos e as emocións.
miércoles, 19 de noviembre de 2025
ACTUACIÓN MUSICA TRADICIONAL ALUMNADO CPI VIRXE DA CELA
O pasado 19 de novembro de 2025, os meus compañeiros de 4º da ESO, moitos deles pertencentes ao Grupo Folclórico Virxe da Cela e máis eu tivemos que ir a tocar como sustitutos nun acto levado a cabo en Pontedeume en conmemoración ao Día dos Dereitos da Infancia. Foi para o meu parecer algo novo, debido a que no lo dixeran 18 horas antes, pero preparámolo ben e conseguimos pasar do 5, como quen di. É certo que faltounos afinar as gaitas, cousa que se notaba moito, pero polo resto foi fluído. Fora da nosa actuación, todo foi moi interesante. Falaron distintas persoas, entre elas o noso director, e pois unha cousa que me quedou foi que Nerea, unha das organizadoras de Euroeume, fora a nosa profesora en 6º de mecanografía. Foi un reencontro peculiar. Nuno González, 4º ESO.
sábado, 15 de noviembre de 2025
viernes, 24 de octubre de 2025
VISITA Ó MUSEO DAS MARIÑAS E O LAVADOIRO DE BETANZOS
O mércores 4 de decembro, o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria visitou o Museo das Mariñas e o Lavadoiro Modernista de Betanzos para coñecer un pouco máis o oficio das lavandeiras, os traxes tradicionais e a exposición de Xoana Abraira: "O oficio de lavar" a partir da cal o alumnado elaborou a súa propia exposición para o 25N.
Todo isto enmarcado dentro do noso PDI "TIRANDO DO FÍO".
miércoles, 16 de julio de 2025
Renovación do patio de infantil
sábado, 21 de junio de 2025
Unha gradación chea de emoción e ledicia: 4º da ESO despide unha etapa inesquecible
Unha gradación chea de emoción e ledicia: 4º da ESO despide unha etapa inesquecible
Este venres vivimos un acto de gradación cargado de sentimentos. O alumnado de 4º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela celebrou o peche dunha etapa fundamental das súas vidas, rodeado de familias, profesorado, compañeiros e compañeiras e representantes dos concellos de Monfero e Irixoa.
Tras semanas de esforzo, exames e dedicación, chegou o momento máis agardado: despedir un capítulo cheo de aprendizaxes, amizades e vivencias que acompañarán para sempre. Entre as paredes do noso centro, estas rapazas e rapaces medraron, e hoxe levan consigo a pegada imborrable da súa casa educativa.
A cerimonia foi un reflexo das súas traxectorias: nervios transformados en orgullo, alegría mesturada con agradecemento. Compartimos palabras fermosas, lembramos anécdotas, sorrimos... e mesmo algunha bágoa, porque despedir o vivido nunca é doado. A mesma, organizada polo alumnado de 3º da ESO e polo profesorado do centro con moito agarimo.
![]() |
| Imaxe autoeditada dos momentos finais da celegración. |
Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela:
Queremos expresar o noso máis sincero grazas. Grazas por compartir este camiño, pola vosa ilusión e pola marca que deixades nestas aulas. Que esta casa siga sendo sempre o voso fogar.
Á promoción 2025:
Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa. Enfrontádea coa mesma valentía e forza que vos trouxo ata aquí. E recordade: as nosas portas estarán sempre abertas. Porque, máis aló do tempo, sodes parte imborrable da nosa historia.
Boa viaxe, querida promoción. Ata sempre.
![]() |
| Imaxe autoeditada dos momentos finais da celegración. |

.jpg)





%202.png)
.png)