Alumnado de 2º e 3º da ESO do CPI Virxe da Cela realizan na materia de música unha recollida da tradición oral da zona. Un proxecto que se leva realizando no noso centro xa en anos anteriores, na que a rapazada vive a experiencia de entrevistar a persoas no seu ámbito familiar ou próximo buscando neses/as informantes material sonoro imprescindible para recuperar o noso patrimonio inmaterial.
Compartimos a iniciativa dun alumno de 3º da ESO (MGT) que está a divulgar o seu traballo de recollida a través da súa propia canle en youtube, contribuíndo á transmisión da nosa música, a nosa língua e a nosa cultura. Parafraseando a este alumno: "neste primeiro episodio, mergullámonos nas raíces da nosa cultura para descubrir a forza e a beleza da música tradicional galega. Recordaremos cantigas que atravesaron xeracións e que seguen vivas grazas ao pobo galego. Moitas grazas á miña profesora de Música e Educación Dixital que accedeu a que xe fixera esta entrevista.
✨ Aprende sobre os orixes, as historias e os sons que definen unha parte esencial da identidade de Galicia.
💬 Non esquezas comentar cal é a túa peza tradicional favorita!
📌 Suscríbete para non perder os vindeiros episodios!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario