jueves, 30 de enero de 2025

Día da Ilustración e Día escolar da non violencia e a paz.

 Día da Ilustración e Día escolar da non violencia e a paz.

O 30 de xaneiro é un día sinalado no noso almanaque. Por unha banda, commemoramos o Día da Ilustración en Galicia, coincidindo co día do nacemento de Castelao; esta data serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou unha ilustradora da historia do noso país. Este ano o homenaxeado é Xosé Vizoso. 

                   


O alumnado da ESO descubriu, a través do traballo da comprensión oral na materia de Lingua galega, as múltiples facetas deste histórico artista gráfico galego, muralista, escultor, escenógrafo, debuxante e un dos principais deseñadores de Sargadelos, xunto con Xosé Díaz.

Ademais, desde a materia de EPVA, as rapazas e rapaces elaboraron unhas ilustracións ben xeitosas, inspiradas en personaxes reais, que podedes ver expostas na "galería de arte" do 1º andar (corredor de EPVA).


                                                                                                    
 
                                                         


Por outra banda, commemoramos o Día escolar da non violencia e a paz, relacionado directamente cun dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) adoptados pola ONU: Paz, xustiza e institucións sólidas.

O alumnado de 1º e 4º da ESO, despois de coñecer a Xosé Vizoso, quixo facerlle tamén a súa homenaxe particular e deseñaron pombas da paz inspiradas no estilo do autor,  traballando en equipo e con respecto. Así crearon "Pombas da paz para Xosé Vizoso", uns murais que expoñen tamén na "galería de arte" do 1º andar.



     




 



miércoles, 29 de enero de 2025

Xornadas de Deporte Adaptado da Fundación ENKI: compartir para comprender

Están dirixidas aos estudantes de 5º e 6º de primaria dos centros educativos galegos e compóñense de dúas actividades: unha charla con deportistas con diversidade funcional e un evento para coñecer o deporte adaptado e inclusivo.

Hoxe contamos no centro cunha espectacular  charla con deportistas con diversidade funcional. Este diálogo compartido supuxo un achegamento  previo ao encontro provincial, no que varios deportistas compartiron a súa traxectoria e conversaron co alumnado, resolvendo todas as preguntas que lles xurdiron.

O encontro provincial será o próximo 17 de marzo. O mesmo, é un evento reúnense os colexios da provincia participantes na iniciativa e son onde alumnado proba distintos deportes e material deportivo adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo ENKI


jueves, 23 de enero de 2025

Obradoiros de diversidade cognitiva

En colaboración con EuroEume queremos crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais. 

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.

lunes, 20 de enero de 2025

OBRADOIRO "RADIO CUN SORRISO"

  OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”

Comezan os obradoiros de radio escolar no centro en colaboración coa ONG Agareso.


“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do noso centro para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social, o que concorda co traballo realizado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) 


Trátase de obradoiros mensuais destinados aos cursos de 3º a 6º da Ed. Primaria e aos catro niveis da ESO dentro das materias de Lingua e literatura galega. Estes obradoiros están deseñados para integrar a radio no tratamento curricular das áreas e materias do centro e darlle valor na súa dimensión social ao tempo que favorecen o desenvolvemento das competencias comunicativas do alumnado. Asemade,  fomentan o diálogo e a reflexión sobre aqueles temas que máis lles preocupan,  sempre dende unha perspectiva positiva e tentando achegar solucións (axudando no seu benestar emocional). 

Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, calzado, interior

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra interior, roupa, moblaxe, persoa

Descrición xerada automaticamente          


Así, as temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable.


Unha imaxe na que se mostra debuxar, Arte infantil, Produto de papel, papel

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra persoa, roupa, Arte infantil, debuxar

Descrición xerada automaticamente              




Unha imaxe na que se mostra texto, debuxar, esbozo, Imprimir

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, ventá, interior

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, interior, Cara humana

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra texto, Nota adhesiva, debuxar, deseño gráfico

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra texto, esbozo, debuxar, arte

Descrición xerada automaticamente


Colaboran nesta proposta: titorías, especialidades de Lingua galega e Literatura e equipos de DLG

e de Orientación.










PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR: teatro para a convivencia

 

Este curso contamos co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela de Maxín.

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade aborda de forma única o problema do bullying no contexto escolar.

Neste encontro singular, a guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Trala presentación destas escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O alumnado aporta solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.

“Pasando a bóla Xogando para cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying, senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións.

A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso.



jueves, 16 de enero de 2025

Visita ó Aquarium Finisterrae do 2º ciclo de Educación Primaria.

    O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi de excursión ó Aquarium Finisterrae da Coruña. 

    A visita favoreceu o coñecemento da biodiversidade mariña, realizando unha visita guiada polas distintas salas, ademáis de poder ver como lle daban de comer ó tiburón Gastón e ás focas.




viernes, 10 de enero de 2025

QUINTA REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN. IV FASE

O venres 10 de xaneiro de 2025 levouse a cabo unha nova reunión do grupo de profesorado vinculado ao Programa Observa-Acción, nesta IV e última fase "Intenacionaliza". Estas reunións son imprescindibles para ir organizando as actividades, analizando e redirixindo as actuacións, facer comentarios e propostas, e calquera outro punto que serva para mellorar o programa. En concreto, nesta quinta reunión, abordouse o tema da utilización da plataforma moodle AV OBSERVA_ACCIÓN FASE 4: Internacionaliza 2024-2025, da planificación dunhas xornadas para a difusión entre o profesorado do centro das recientes experiencias Erasmus+ Croacia e Turquía, da posibilidade da realización dun intercambio con profesorado Croacia a través da plataforma E-twinning ou da preparación visita de profesorado Croacia prevista para maio 2025.



lunes, 6 de enero de 2025

Ambientes do 1º ciclo no 1º trimestre.

 Neste curso, os martes e os xoves polas tardes, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria xuntámonos en grupos mixtos. As clases divídense en tres e, co alumnado mesturado por idades, rota entre os diferentes ambientes semanalmente: científico/artístico, matemático/lingüístico e de xogo. Aquí tedes as actividades que houbo en cada un dos ambientes coa súa xustificación teórica así como unhas imaxes dalgúns dos momentos vividos. En xaneiro teremos novos grupos e novas propostas! 

Enlaces: 

Ambiente construción e xogo. 

Ambiente ciencias e arte

Ambiente de matemáticas e linguas.