domingo, 18 de mayo de 2025

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME DE POESÍA E RELATO CURSO CANCIONEIRO DE MONFERO

PREMIO `CANCIONEIRO DE MONFERO´ DE POESÍA E RELATO CURTO DO CPI VIRXE DA CE_20250429_221541_0000 by veracruces


Este ano, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura, decídese organizar un certame literario no centro co fin de seguir poñendo en valor a nosa lingua e achegar o alumnado aos distintos xéneros literarios. O I Certame Cancioneiro de Monfero de Poesía e Relato Curto pretende ser o primeiro de moitas edicións vindeiras nas que as rapazas e os rapaces do centro poidan expresar a súa creatividade a través da literatura en lingua galega.


Aproveitando a ocasión da celebración do Día das Letras Galegas e a xornada festiva no centro,  entregamos os premios deste I Certame Cancioneiro de Monfero ao alumnado galardoado:


2º premio da categoría 5º e 6º de Primaria para:
EVA OTERO GARCÍA
(30 euros para material escolar e un detalle do centro)


1º premio da categoría 5º e 6º de Primaria para:
ICÍA SECO ABEAL
(60 euros para material escolar e un detalle do centro)


1º premio da categoría SECUNDARIA B para:
MARCOS GARABANA TOJEIRO
(60 euros para material escolar e un detalle do centro)

Ademais, este día de celebración da transmisión da nosa cultura e do noso patrimonio inmaterial, tamén quixemos facerlle un pequeno recoñecemento á nosa Auxiliar de conversa, Valeria Lía, pois con ela tamén viaxará a nosa cultura alén do mar despois de beber das nosas fontes máis tradicionais.
Que vivan as transmisoras da cultura galega!!!


viernes, 16 de mayo de 2025

Con Lingua Propia: teatro para conmemorar o Día das Letras Galegas

 

Dentro das actividades de celebración das Letras Galegas hoxe contamos co espectaculo Con Lingua Propia promovido  polo concello de Monfero dentro do programa cultural da Deputación da Coruña. Del participaron  o alumnado da Ed. Infantil e da Ed. Primaria.

Estamos ante un espectáculo  da compañía Peter Punk Pallaso pensado para ampliar a oferta de ocio en lingua galega dirixida a público infantil e familiar. Combina as máis variadas técnicas circenses cun humor adaptado á realidade e á lingua galegas, cuns diálogos e números pensados especialmente para presentar o idioma de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e galegas. Nel se repasan aspectos da nosa lingua cun coidado vocabulario combinado con xogos malabares e humor.

       


Imaxes da actividade. 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS E DAS LETRAS GALEGAS 2025

 Venres 16 de maio 2025. De 12:30 a 13:30 horas. 
























domingo, 11 de mayo de 2025

LENDAS DO MOSTEIRO: UNHA VIAXE INMERSIVA AO PASADO

 Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado, é o título do proxecto presentado no III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural”.

A través deste proxecto quixémoslle dar ao noso alumnado (3º ESO)  a posibilidade real de reconstruír o presente e cimentar o futuro partindo dos seus intereses e motivacións, por iso o produto elixido foi un videoxogo. A nosa proposta Lendas do Mosteiro consiste simulación do deseño dun videoxogo que combine a realidade inmersiva coa rica historia do Mosteiro de Monfero (de aí o subtítulo Unha Viaxe Inmersiva ao Pasado). 

O vídeo e o cartaz que se presentan a concurso constituirían o “trailer” promocional do lanzamento deste videoxogo ao mercado, coa idea de captar a atención dos xogadores/as.  

Cartel promocional: Quixemos emular un cartel promocional de videoxogo, unha peza visual que non so busque informar (título proxecto, logo ANPAS Galegas, datos do concurso, datos do centro educativo), senón tamén seducir e captar a imaxinación dos/as gamers. Todos os elementos foron elixidos coidadosamente, para captar a esencia do xogo. O Mosteiro de Monfero como eixo central, con estética pixelada e filtro de cor que o mimetiza coa contorna natural e vexetal (Fragas do Eume), e pequenos elementos que ocupan un plano secundario 1 Memoria xustificativa Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado. III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural” (mandos da consola, espada, copa, estandarte, avatares feminino/masculino) e que reforzan tanto a idea de videoxogo como o seu contexto histórico (Idade Media). A selección dunha tipografía axeitada (pixel-art) así como o concepto virxedacelagamestudio (nome ficticio do  estudio de deseño e programación de xogos multimedia) axudan a potenciar o produto.  

Vídeo: Adaptándonos ás bases do concurso (duración 3 minutos) pensamos na idea recrear un “trailer” ou avance do lanzamento do videoxogo perseguindo fundamentalmente tres obxectivos: informar sobre a existencia do videoxogo e da súa próxima estrea, crear expectación e transmitir o estilo do produto (estética e temática). Estudo previo e pormenorizado da linguaxe cinematográfica e traballo minucioso de edición buscando a construción dunha atmósfera envolvente, que, axudada por unha banda sonora narrativa, arrastre ao espectador/a a mergullarse na historia e na trama. Utilización de elementos textuais con tipografía medieval para reforzar ideas e aportar unha linguaxe inclusiva.  Imaxes: Ante a imposibilidade de realizar gravacións no propio Mosteiro (falta de medios e de tempo) recurrimos a imaxes xeradas con IA que permitiron  ambientar o videoxogo nun escenario similar, trasladándonos a unha época medieval escura e cruenta, onde conviven monxes, campesiños/as e señores feudais. 








jueves, 8 de mayo de 2025

III CONCURSO SOMOS RURAL TRABALLOS PARTICIPANTES

O xurado da Confederación ANPAS GALEGAS tomou a decisión de nomear gañador do III Concurso ANPAS GALEGAS-Somos rural, á equipa que representa ao CEIP Plurilingüe Os Casais, e ao seu proxecto "Horreos: patrimonio material e inmaterial".

Dende ANPAS GALEGAS consideramos a tódalas equipas participantes no III Concurso Somos Rural gañadoras e dignas merecedoras de levar o premio. Cada un dos proxectos presentados demostra un profundo compromiso coa posta en valor do entorno rural, polo que tódolos participantes deben sentirse orgullosos da súa participación.

O recoñecemento ao seu labor esténdese máis alá dos premios, abarcando o aprecio e o respecto de quen entendemos a importancia dos seus traballos.

En definitiva, o III Concurso Somos Rural é una celebración do esforzo colectivo por preservar e mellorar o patrimonio rural. Cada participante, co seu proxecto único, xoga un papel crucial neste obxectivo común. A verdadeira recompensa é a transformación positiva que estes proxectos aportan as comunidades rurais e o exemplo que establecen de cara as futuras xeracións.

ANPAS GALEGAS continuará apoiando e promovendo iniciativas que destaquen a importancia do rural e o seu potencial para contribuír o benestar xeral da sociedade. Felicitacións a tódolos participantes polo seu incrible traballo e compromiso!

Para poder ver os proxectos: https://somosrural.anpasgalegas.gal/proxectos-3a-edicion/







miércoles, 7 de mayo de 2025

Saída ao Castro de Elviña

 Visitar o Castro de Elviña e aprender sobre a cultura castrexa é unha maneira fantástica de coñecer como vivían os nosos antigos habitantes na Galicia de hai moitos séculos. Este castro, situado en A Coruña, é un importante exemplo do patrimonio cultural galego, e ao visitalo podemos descubrir como os castrexos se organizaban, que tipos de vivendas construían, como se alimentaban e que obxectos usaban. A través deste coñecemento tamén podemos aprender sobre a etnografía da época, é dicir, as costumbres e as tradicións do pobo castrexo. Ademais, este tipo de visitas permítennos valorar mellor as nosas raíces e comprender a importancia de coidar o noso entorno natural, que tamén formaba parte da súa vida. Visitar o Castro de Elviña foi unha maneira divertida e educativa de sentirnos máis conectados co noso pasado e con todo o que forma parte da nosa identidade galega.