A Directiva da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere pedirvos, antes de máis nada, desculpas por non ter estado en contacto de maneira máis asidua durante estas últimas semanas debido ás nosas obrigas nos centros. Así mesmo, felicitámosvos polo voso labor na difusión desta iniciativa e comunicámosvos o seguinte:
1.- Documento "Quen somos": enviámosvos o texto que se acordou na Asemblea do 18 de abril, que sintetiza o que somos, o que queremos e o que pedimos. É o documento que nos demos para o noso traballo a curto prazo.
2.- Traballo realizado e proxectos en desenvolvemento:
-Solitamos entrevista a Alberto Núñez Feijoo e ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Faremos o mesmo co/a Secretario/a Xeral de Política Lingüística cando este cargo sexa nomeado.
-Reaccionamos perante a medida anunciada por Feijoo de enviar unha circular aos centros para “dar liberdade no uso da lingua ao profesorado e ao alumnado”. Incluímos anexo un Dossier de prensa.
-Desenvolvemento da web da Coordinadora para incorporar novas funcionalidades, recursos e servizos. Informaremos cando a teñamos.
3.- Campaña de adhesións ao manifesto da CGENDL.
· É necesario continuar coa recolla de apoios de ENDL. Debe ser algo prioritario, cantas máis sinaturas, máis forza teremos como interlocutores no escenario que se abre para a lingua galega no ensino. Os apoios poden facerse a través da web (
http://www.coordinadoraendl.org/) e por fax (981.800.064). Achegamos o manifesto en documento anexo.
· Perante a insistencia de moitos/as docentes, habilitouse na web unha ligazón para que os/as profesores/as que o desexaren poidan sumarse a título individual a este manifesto:
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php Convén que o difundamos entre o profesorado dos nosos centros e entre os nosos contactos. Achegamos o manifesto en documento anexo preparado para acoller sinaturas dos/as compañeiros/as, para difundirmos por correo ou para imprimir e distribuír nos centros. As follas de sinaturas deben enviarse ao fax sinalado: 981.800.064.
4.- Creación de Coordinadoras Comarcais: incluímos os correos das persoas que na Asemblea do 18 de abril se amosaron dispostas a estable width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%'cer contactos de cara a coordinarse comarcalmente naquelas zonas do país onde non existen coordinadoras comarcais.
Lembrade, así mesmo, que xa existen coordinadoras e redes comarcais ou locais en Santiago de Compostela, Ferrolterra, Barbanza, Leixaprén (Muros-Noia e Barbanza), O Salnés, Terras do Umia, Redondela, Ogrobe, Cambados e Vigo. Se queredes comunicarvos con estes colectivos, escribide a correo@coordinadoraendl.org
Saúdos a todos/as.
CGENDL