Os nenos e nenas de educación infantil fixeron o pasado venres 27 de setembro unha divertida sesión de vendimia para experimentar este proceso artesanal: pisar as uvas cos propios pés, notar a textura na pel, oler os aromas, divertirse xogando... e de paso recuperar as nosas tradicións antes de que se perdan!!
domingo, 29 de septiembre de 2019
viernes, 27 de septiembre de 2019
XXVI Edición Premios da Publicidade en Galego
A SXPL, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan a XXVI edición dos Premios da Publicidade en Galego; establécense cinco premios: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para centros educativos. A data límite para presentarse é o 18 de outubro.
jueves, 26 de septiembre de 2019
26 DE SETEMBRO: DÍA DAS DAS LINGUAS EUROPEAS
Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, lembranos a
importancia e máis a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade
cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de
entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de
linguas.
Neste día, desde o noso centro, queremos compartir o conto Mahán e a
cadeira vermella. Un conto creado e ilustrado polo alumnado do no noso centro
para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s e que presentamos en
galego, castelán e inglés.Unha oportunidade
para destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a
variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o
plurilingüismo e a comunicación intercultural.
Etiquetas:
Día das linguas europeas,
Mahán e a cadeira vermella
miércoles, 25 de septiembre de 2019
GRANXAS LOUSADA EN RTVENXEBRE
A RTVEnxebre, representada polo alumnado de 6º de Primaria, visita ás Granxas Lousada (Irixoa) para coñecer os seus productos ecolóxicos e o seu traballo a prol do rural.
Xa sabedes... suscribídevos ao rural!
Co apoio de Fundación La Caixa e Ayuda en Acción.
jueves, 19 de septiembre de 2019
viernes, 13 de septiembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)