martes, 27 de febrero de 2024

REUNIÓN NO CFR DE FERROL PARA PREPARAR A MOBILIDADE DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN/MENTORACTÚA

Luns 26 de febreiro 2024. As profesoras do CPI Virxe da Cela que van realizar a mobilidade a Madrid para facer a observación no CEIP Pintor Rosales, acuden á reunión realizada polo CFR de Ferrol para organizar a viaxe. Nesta sesión informativa os asesores do CFR explicaron con detalle como vai ser a viaxe para realizar as visitas de observación nos centros cos que estamos emparellados, e aclararon todas as dúbidas que os asistentes plantexaron. 









REUNIÓN DO PROFESORADO PARTICIPANTE NA III FASE DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

Luns 26 de febreiro de 2024. Aula Ferraganchos. Profesorado das tres etapas educativas (EI, EP e ESO) do CPI Virxe da Cela inscrito no programa Observa-Acción, reúnese para definir o traballo durante as vindeiras semanas. Revisar os materiais da observación, participar no panel de reflexión, preparar a mobilidade a Madrid que terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo e organizar como centro anfitrión a acollida do CEIP Pintor Rosales, que visitará o noso centro os días 9, 10 e 11 de abril de 2024. 






martes, 20 de febrero de 2024

lunes, 19 de febrero de 2024

viernes, 16 de febrero de 2024

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Alumnas de 1º da ESO no Laboratorio de Ciencias do CPI Plurilingüe Virxe da Cela 



martes, 13 de febrero de 2024

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

O de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio (DMR), para destacar a importancia dun medio de comunicación que comeza o seu segundo século de servizo como un dos máis fiables e máis amplamente utilizados en todo o planeta. O CPI Virxe da Cela únese a esta conmemoración, apostando de novo na radio como unha ferramenta pedagóxica e de empoderamento do noso alumnado. Neste espazo compartimos con toda a comunidade educativa os últimos podcast radiofónicos realizados no noso centro educativo durante este curso 2023-2024.

 Especial guerra Israel. Programa radiofónico da canle Grelo FM, na que o alumnado de 1º da ESO na materia de Proxecto Competencial reflexiona sobre un tema de actualidade, analizando as causas e consecuencias da guerra en Israel.
   


Especial Día do Pixama. Programa radiofónico da canle Radio As Travesas FM, onde o alumnado de 2º da ESO que cursa a optativa Proxecto Competencial difunde a toda a comunidade educativa esta iniciativa, o Día do Pixama, que se levou a cabo no noso centro escolar no mes de febreiro 2024.
 



III Encontro Galego de Ciberseguridade. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital realizan un faladoiro en formato radiofónico para dar a coñecer e difundir a III edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, un evento que se celebrou os días 02 e 03 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán. Os rapaces e rapazas de 3º da ESO reflexionarán sobre algúns dos contidos abordados neste encontro, xa que a seguridade nas redes é un tema a tratar para poder xestionar o noso uso responsable das tecnoloxías e poder evitar potenciales ameazas.  



Charla Iniciación Segura á Pegada Dixital.  Os rapaces e rapazas de 3º da ESO na materia Educación Dixital fan un repaso dos contidos abordados por David López, encargado de impartir o mércores 18 de outubro de 2023 a charla "Iniciación Segura á Pegada Dixital" da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que se desenvolve este curso, ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, para capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
   

viernes, 9 de febrero de 2024

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO CPI VIRXE DA CELA

 Venres 9 febreiro 2023, de 12:00 a 13:50 h. Patio cuberto do CPI Virxe da Cela. As portas estiveron abertas para a visita das familias. Presentación de comparsas, actuacións, quema do entroido, entrega de premios.

Os Entroidos do Mundo

-EDUCACIÓN INFANTIL: CARNAVAL DE VENECIA

-1º  EDUCACIÓN PRIMARIA: CARNAVAL DAS PALMAS

-2º  EDUCACIÓN PRIMARIA: CARNAVAL NOS ANDES

-3º EDUCACIÓN PRIMARIA: ENTROIDO HAWAIANO

-4º EDUCACIÓN PRIMARIA: ENTROIDO ZULÚ

-5º EDUCACIÓN PRIMARIA: ENTROIDO DE OURENSE

-6º EDUCACIÓN PRIMARIA: CARNAVAL DE BRASIL

-1º ESO: 




lunes, 5 de febrero de 2024

Visita á casa do Mel

O venres 23 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou a Casa do Mel de Goente.


Nesta saída puideron aprender un pouco máis sobre o mundo das abellas, a elaboración do mel e dos produtos derivados do mesmo.


Os nenos e nenos fixeron unha morea de actividades: viron unha colmea por dentro, probaron o traxe de apicultor, fixeron fotos nun photocall, elaboraron candeas coa cera das abellas, saborearon diferentes tipos de mel…


Despois da visita,  fomos comer á Caseta do Polbo de As Pontes xa que o tempo non nos acompañou e non puidemos ir ó Lago.




















VII CONCURSO DE MICRORRELATOS

A Real Academia Galega e PuntoGal abren este xoves, 1 de febreiro, o prazo para participar no seu VII Concurso de microrrelatos, que se estenderá ata o día 29. Ambas as institucións repartirán nove premios, tres en cada unha das categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.





Bases Certame Microrrelatos 2024 by veracruces on Scribd

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O domingo 11 de febreiro de 2024 celebrarase o “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

PREMIO ANUAL OTERO PEDRAYO

A Fundación Otero Pedrayo, co apoio da SXPL, convoca o Premio anual para estudantes de ESO e bacharelato, co fin de contribuír ao coñecemento da figura e obra do escritor e de perpetuar a súa memoria. O prazo para participar e entregar os traballos, tanto na categoría individual coma na de grupo, remata o 30 de marzo. Tedes as bases en: 

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0185/premio-anual-otero-pedrayo-para-estudantes-eso-bacharelato.




Bases PremioOteroPedrayo 2024 by veracruces on Scribd

21 DÍAS EN GALEGO E +

Informámosvos de que podedes seguir a VI edición do programa 21 días co galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) no blog: https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2024-2/. Neste espazo tedes á vosa disposición os audiovisuais e as actividades que os acompañan, elaborados polos 10 centros participantes.


MANDATOS PARA O MECO

 Convidamos a toda a comunidade educativa a levar a cabo os mandatos do Meco durante a semana do 5 ao 9 de febreiro 2024, e que forman parte da celebración do Entroido.





sábado, 3 de febrero de 2024

CPI VIRXE DA CELA NA RADIO: PREMIO INNOVAGAL

María Camino Pereiro González, directora do CPI Virxe da Cela, é entrevistada en directo polo xornalista Xosé Luís López Vila no programa radiofónico A Crónica, da Radio Galega, o pasado venres 26 de xaneiro ás19:00 para falar dos Premios Educativos Innovagal. O CPI Virxe da Cela recibiu o terceiro premio Innovagal 2023-2024, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo recoñecer a labor de centros cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa ao desenvolver enfoques didácticos e organizativos que buscan dar resposta ás necesidades partilares do alumnado.