martes, 13 de febrero de 2024

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

O de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio (DMR), para destacar a importancia dun medio de comunicación que comeza o seu segundo século de servizo como un dos máis fiables e máis amplamente utilizados en todo o planeta. O CPI Virxe da Cela únese a esta conmemoración, apostando de novo na radio como unha ferramenta pedagóxica e de empoderamento do noso alumnado. Neste espazo compartimos con toda a comunidade educativa os últimos podcast radiofónicos realizados no noso centro educativo durante este curso 2023-2024.

 Especial guerra Israel. Programa radiofónico da canle Grelo FM, na que o alumnado de 1º da ESO na materia de Proxecto Competencial reflexiona sobre un tema de actualidade, analizando as causas e consecuencias da guerra en Israel.
   


Especial Día do Pixama. Programa radiofónico da canle Radio As Travesas FM, onde o alumnado de 2º da ESO que cursa a optativa Proxecto Competencial difunde a toda a comunidade educativa esta iniciativa, o Día do Pixama, que se levou a cabo no noso centro escolar no mes de febreiro 2024.
 



III Encontro Galego de Ciberseguridade. O alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital realizan un faladoiro en formato radiofónico para dar a coñecer e difundir a III edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, un evento que se celebrou os días 02 e 03 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán. Os rapaces e rapazas de 3º da ESO reflexionarán sobre algúns dos contidos abordados neste encontro, xa que a seguridade nas redes é un tema a tratar para poder xestionar o noso uso responsable das tecnoloxías e poder evitar potenciales ameazas.  



Charla Iniciación Segura á Pegada Dixital.  Os rapaces e rapazas de 3º da ESO na materia Educación Dixital fan un repaso dos contidos abordados por David López, encargado de impartir o mércores 18 de outubro de 2023 a charla "Iniciación Segura á Pegada Dixital" da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que se desenvolve este curso, ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, para capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario