Venres 21 xuño 2024. Fin de curso. Xornada de Xogos Tradicionais no patio. EI e EP
viernes, 21 de junio de 2024
TEEN SIDE Nº 2. REVISTA PARA A MOCIDADE
O último día de clase, venres 21 de xuño 2024, foi unha xornada de despedidas e celebracións. Clausuramos o curso, e o alumnado e profesorado da ESO leva para as vacacións de verán un novo número de Teen Side, unha revista para a mocidade elaborada por alumnado de 3º da ESO na materia de Proxecto Competencial escrita en lingua galega. Esperamos que gocedes co segundo número desta revista que contén interesantes artigos sobre deportes, música, festas, moda, cultura, lectura, etc.
miércoles, 19 de junio de 2024
martes, 18 de junio de 2024
miércoles, 12 de junio de 2024
CHARLAS SOBRE O TRAXE GALEGO
A través da colaboración dos departamentos de Matemáticas e Música, e grazas á predisposición e compromiso de Isabel Bello, profesora de matemáticas, o alumnado de 1º, 2º, e 3º da ESO poido afondar sobre o traxe tradicional do baile galego a través de varios obradoiros (mércores 12 de xuño e xoves 13 de xuño 2024). Isabel, grande apaixoada do baile galego desde a súa infancia e cunha traxectoria vinculada ao baile galego a través de diferentes grupos e asociacións tanto en Galicia como na emigración en Suiza, montou unha exposición en paneis situados diante da biblioteca escolar. Durante os obradoiros os mozos e mozas poideron probar as diferentes prendas e accesorios.
jueves, 6 de junio de 2024
FALANDO DOS REFRÁNS
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria estiveron a facer un traballo de investigación sobre a nosa tradición oral, en concreto, o mundo dos refráns. Os seus familiares serviron como informantes transmitídolles moita sabeduría popular. E para darlle forma ao proxecto, elaboraron un libro recollendo de forma escrita todos eses refráns que aprenderon dos seus maiores. E como punto de culminación temos este interesante faladoiro no que os nenos e nenas reflexionan e expoñen as curiosidades, e incluso recitan varios dos refráns. Non vos perdades este podcast.
Esta actividade está encadrada no programa Radio na Biblio.
EXPOSICIÓN ENRAIZADAS
Mércores 5 de xuño 2024. Exposición Enraizadas xestionada pola asociación Euroeume dentro do programa para traballar a igualdade no que participa o centro.
Instalala no corredor da entrada de secundaria (4 paneis)
As 13:00 horas tivo lugar a inauguración, e para iso contamos cunha das nosas nais para presentala (Cristina Perez) e do alumnado de 5º da Ed.
Esta exposición está a disposición da comunidade educativa.
CHARLA SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Isabel Bello imparte clases de matemáticas na ESO no CPI Virxe da Cela. É unha namorada do baile e da música folclórica galega, que coñeceu a través en centros galegos de Suiza durante a súa adolescencia. Isabel explicou a enorme labor que estes centros fan na difusión da nosa cultura. O mércores 5 e 6 de xuño estas charlas impartidas ao alumnado de 2º e 3º da ESO baseáronse en contidos teóricos, e a semana que vén serán obradoiros de carácter práctico centrados no traxe do baile galego.
lunes, 3 de junio de 2024
UNIDAS XAMAIS SERÁN VENCIDAS
Curtametraxe realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI Virxe da Cela baixo a dirección de Omar Rabuñal Varela, dentro do proxecto Contratos Programa CPinclúe.
A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
Igualmente, CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras.
En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:
- QUÉDA-T.
- IGUÁLA-T.
- CONVIVE-T.
- INCLÚE-T.
- EMOCIÓNA-T
sábado, 1 de junio de 2024
PREMIOS CONCURSOS CONTOS DE MEDO E MICRORRELATOS
Gañadores Concurso Contos de Medo:
- Educación Infantil: Brais Varela
- Primer Ciclo EP: Aaron Vázquez
- Segundo Ciclo EP: Marina Calaza
- Tercer Ciclo EP: Icía Seco Abeal
- ESO: Nuno González Pérez