Curtametraxe realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI Virxe da Cela baixo a dirección de Omar Rabuñal Varela, dentro do proxecto Contratos Programa CPinclúe.
A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
Igualmente, CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras.
En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:
- QUÉDA-T.
- IGUÁLA-T.
- CONVIVE-T.
- INCLÚE-T.
- EMOCIÓNA-T
No hay comentarios:
Publicar un comentario