viernes, 29 de noviembre de 2024

IV fase Observa-Acción: Split (Croacia)

Un grupo de mestres visitamos Split en Croacia e as escolas de Pujanke dentro do programa Observa-Acción en colaboración co CFR de Ferrol. Alí puidemos ver como funciona o sistema educativo deste país e este colexio en particular:  asistimos a unhas charlas sobre CLIL (aprendizaxe integrado de contidos e linguas estranxeiras), fomos partícipes dun obradoiro de cociña e tecnoloxía, vimos contacontos na biblioteca e fixemos outras actividades relacionadas coa competencia emprendendora. Ademais compartimos tempos con mestres doutras etapas e centros o que enriqueceu a nosa participación neste programa que rematamos este curso.  







lunes, 25 de noviembre de 2024

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas: a Costa do Dexo

 

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en Concellos situados no seu interior.

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido desde o CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, posibilita poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Desta forma, o alumnado do 3º ciclo conta neste curso escolar con dúas propostas:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación  onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.
  • Percorrido pola 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Costa do Dexo".

Con ela queremos que o alumnado:
  • Coñeza patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
  • Analice   os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.
  •  Entenda as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
  • Comparta experienzas e inquedanzas desde a responsabilidade crítica persoal e social.

      


Un Samaín terrorífico

 Este ano festexamos o Samaín con 5 obradoiros simultáneos, nos que o alumnado de secundaria participou como monitores. Os obradoiros foron: creación de contos terroríficos, creación de máscaras, decoración de cabazas, elaboración de colares de castañas e un específico de inglés.




sábado, 23 de noviembre de 2024

viernes, 22 de noviembre de 2024

Enraizadas:

 Segundo obradoiro desta proposta da Asociación EuroEume que en colaboración coa oficina para a igualdade de xénero da UDC contamos coa presenza de ........que adica a súa vida profesional a investigar sobre distintas temáticas vencelladas á soberanía alimentaria, a custodia do territorio ou os coidados e comunidade.


Imaxes da conversa con:................ 

jueves, 21 de noviembre de 2024

Obradoiro de primeiros auxilios con Cruz Vermella de Betanzos

 Nos visitan da Cruz Vermella de Betanzos para iniciar ao alumnado do 3º ciclo en primeiros auxilios.

 Unha actividade na que teoría e práctica van da man para aportar prevención e confianza ante posibles situacións e riscos que nos poden afectar.

Toda unha experiencia vital!!!!


Imaxes da actividade.

miércoles, 20 de noviembre de 2024

Por unha escola sen barreiras: obradoiros sobre accesibilidade

 


Hoxe contamos cos obradoiros  sobre accesibilidade para o alumnado dea ESO e do 3º ciclo da Ed. Primaria.

Están organizados desde o programa de Educación social na escola (Asociación EuroEume) e con eles queremos achegar á rapazada a importancia da accesibilidade na nosa contorna, para que todas as persoas poidan moverse con total autonomía pola comunidade. 

Tamén, sensibilizar e dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar elementos que axudan á mobilidade de forma accesible, na súa propia contorna.

Neste caso, destacamos a importancia dá accesibilidade cognitiva, en concreto a sinalización a través de pictogramas, xa que é o elemento que imos implementar no centro educativo para facelo un pouco máis accesible.

O obxectivo principal, é concienciar a importancia de crear espazos inclusivos e accesibles, onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade.






Imaxes autoeditadas do desenvolvemento dos obradoiros.

martes, 19 de noviembre de 2024

Celebración do Día da Infancia

 Este martes, 19 de novembro o alumnado os  cursos 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria participou  na  Celebración do Día da Infancia no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña. 

Este é un día de celebración onde os Consellos escolares da Infancia dos centros participantes (no noso centro grazas ao bo facer da asociación EuroEume) expoñen o seu traballo. Neste curso escolar, a proposta é tratar competencias e recursos que permitan mellorar o benestar da infancia e da adolescencia.

Unha tarefa na que xa está o noso alumnado tras que no curso anterior, o seu traballo estivese centrado na mellora dos espazos do centro para que estes sexan lugares de convivencia.

Ademais, nesta Celebración nos acompañaron  a  Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a Concelleira de Benestar Social do Concello da Coruña e presidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia.

Ao final contamos cun pequeno aperitivo para que o alumnado, tras o acto, compartisen experiencias.

Imaxes da actividade e do posterior tempo de asueto.

lunes, 18 de noviembre de 2024

Revisión óptica

Enraizadas: educación social na escola

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sostemento da vida que se levan a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.


Imaxes das dinámicas da actividade.

viernes, 15 de noviembre de 2024

Obradoiros sobre accesibilidade para un centro inclusivo

 Beatriz Riaño, terapeuta ocupacional, visitou o noso centro o venres 15 de novembro de 2024 para impartir obradoiros sobre accesibilidade. Foron realizados en tres quendas, ao longo do día: dúas quendas para 1º ciclo de EP e 2º ciclo de EP no horario de mañá, e xa pola tarde a quenda do alumnado de educación infantil. 


Esta actividade realízase grazas á colaboración con Euroeume que se vén realizando no noso centro desde fai varios anos. A proposta de EuroEume é crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais.

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.


Imaxes da actividade.




miércoles, 13 de noviembre de 2024

XORNADA FORMATIVA DE OBSERVACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS (JOB-SHADOWING)

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas (Job-shadowing) para que, neste caso, tres docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental) comprobaran e observaran como traballan, se organizan e imparten docencia os profesionais educativos do noso centro. 

Esta iniciativa está enmarcada dentro dos programas Erasmus+ organizados desde o CFR de Ferrol (dos cales participamos desde fai anos realizando numerosas actividades formativas en países Europeos) este curso e por primeira vez, se nos encomenda desde o CFR ser centro formativo dunha destas estadías amosando diferentes das propostas pedagóxicas do mesmo. Entre elas, está a aprendizaxe matemática a través do método ABN, os ambientes de aprendizaxe na etapa de infantil, o desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía na etapa da ESO, a Biblioteca escolar como centro de aprendizaxes informacionais e a aprendizaxe integrada das lingüas nas áreas curriculares (neste caso na ESO). 

Así, contando coa experiencia dun grupo de docentes do CPI Virxe da Cela programa Observa-Acción (actualmente estase a levar a cabo a IV Fase), estes profesionais asumiron a coordinación das actividades, participando tamén nesta xornada formativa de job-shadowing o profesorado incluído no PFPP de centro na liña de internalización e colaborando ademais, do profesorado especialista en Francés varias titorías e especialidades.





Imaxes tomadas durante a xornada.


martes, 12 de noviembre de 2024

Empregamos a radio como ferramenta de expresión e comunicación en Ed. Infantil

 Na aula de 5º de educación infantil, os exploradores de Monfero están a investigar sobre os animais da súa contorna e para iso empregamos a biblioteca como fonte de recurso e as familias, as cales investigaron sobre isto empregando o caderno de campo que vos adxuntamos a continuación. Nestas ligazóns podedes escoitar varios podcast do alumnado reflexionando en ferraganchos sobre estes animais, narrando o que mais lles chamou a atención. 

 




       





         
 
 
Aquí vos deixamos a mostra do ben que explican as características do animal preferido ou que lles chamou a atención, todo isto é grazas a colaboración das familias! grazas!
 



miércoles, 6 de noviembre de 2024

V Festival Escolar Camiño Inglés

 Un curso máis participamos do  Festival Escolar Camiño Inglés organizado pola Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra.

Nesta ocasión cunha actividade teatral na que o alumnado do 1º ciclo da Ed. Primaria participaron, interactuaron e desfrutaron dun espectáculo multiartístico baseado no Camiño mais tamén nos principais recursos do concello de Narón: patrimonio costumes, lendas, festas de interese, etc.

Despois percorreron en compañía doutros centros da bisbarra un tramo do Camiño Inglés desde o Torrente Ballester, ata a Ermida das Angustias. Estiveron acompañados cuns peregrinos/as moi especiais que contaron unha historia relacionada co Camiño.

Unha xornada na que compartir e na que experimentar a riqueza do noso patrimonío cultural. Ultreia!











martes, 5 de noviembre de 2024

Consello Escolar da Infancia: preparando a Conmemoración do Día da Infancia.

Tarde de obradoiro para preparar a nosa participación na Conmeración do Día da Infancia.

Nela contamos coa presenza de Nerea e Bea que xa é parte activa da nosa comunidade. 

Moitas grazas EuroEume!!!! 

Imaxe do desenvolvemento do obradoiro.

5º de Educación Infantil.Proxecto de investigación: Coñecemos a nosa contorna.

Familias, dende 5º de Educación Infantil, os exploradores de Monfero estamos a investigar sobre os animais domésticos e salvaxes da nosa zona e para iso empregamos a ferramenta da Radio Xesteira.

Como sabedes, a radio pode ser unha ferramenta moi útil na educación infantil para introducir aos nenos no fascinante mundo dos animais. A través de programas ou contos sonoros, os máis pequenos poden coñecer diferentes especies, os seus hábitos e os sons que emiten, favorecendo a súa aprendizaxe e sensibilización sobre a natureza. As historias narradas polas ondas radiofónicas tamén permiten que os nenos desenvolvan a súa imaxinación, melloren a súa capacidade de escoita e amplíar o seu vocabulario, ao mesmo tempo que se familiarizan cos nomes e características dos animais de forma lúdica e dinámica. Para iso, tivemos axuda das familias que cubriron un caderno de campo sobre algún dos animais que lles chamaron a atención.

Escoitade as nosas descricións:

lunes, 4 de noviembre de 2024

Preparando o Programa Job-shadowing en colaboración co CFR de Ferrol

O próximo martes, 12 de novembro contaremos coa visita de tres persoas docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental).

Será unha xornada de intercambio e experiencias onde alumnado e profesorado amosaremos como se desenvolven as competencias do noso alumnado que na xornada de hoxe estamos a preparar.

Faremos especial fincapé na aprendizaxe matemática pero tamén amosaremos a importancia da conexión co medio natural na aprendizaxe e no desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía.

Imaxe da reunión do profesorado participante na iniciativa.