lunes, 28 de abril de 2025

Olimpíada Matemática de AGAPEMA

O pasado xoves 24 de abril dous estudantes de 2º ESO do noso centro tiveron a oportunidade de participar na fase de zona da Olimpíada Matemática, organizada por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática). A competición tivo lugar no IES de Canido, en Ferrol, a onde foron acompañados pola súa profesora de Matemáticas.

Nesta primeira fase da olimpíada o alumnado dispuxeron de dúas horas para intentar resolver cinco problemas matemáticos de forma individual. Estos problemas non requiren coñecementos especiais, senón a capacidade de aplicar os conceptos aprendidos en situacións novas e desafiantes.

A participación na Olimpíada Matemática tamén serviu como unha actividade motivacional moi positiva para os nosos estudantes. Non só os animou a mellorar as súas habilidades na materia, senón que tamén lles deu a oportunidade de descubrir novas formas de pensar e resolver problemas.
En definitiva, a experiencia foi moi enriquecedora, tanto a nivel académico como persoal, e o alumnado quedou moi satisfeito coa súa participación. Este tipo de eventos son fundamentais para motivar aos estudantes a seguir explorando o mundo das Matemáticas e a afondar na súa capacidade de resolución de problemas.
Agardamos con ilusión as próximas edicións!

 


                                                                         Imaxes da xornada.


viernes, 25 de abril de 2025

SE CANTO É PORQUE QUERO

A Real Academia Galega (RAG) difunde a súa produción da miniserie documental das Letras Galegas 2025 Se canto é porque quero. Xa pode verse en academia.gal e na canle de Youtube institucional. A proposta audiovisual dedicada ás cantareiras e á poesía popular oral destaca a riqueza dun tesouro cultural creado colectivamente polo pobo, especialmente por mulleres como as sete nas que a RAG personifica a celebración do vindeiro 17 de maio, e partindo do pasado reivindica o futuro dunha tradición chea de vida que están a reinterpretar as novas xeracións. 

A RAG irá publicando nas vindeiras semanas máis contidos divulgativos arredor do Día das Letras Galegas na sección da súa web centrada na gran festa da cultura galega (https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras). Incorporará tamén novas actividades interactivas á web de Primavera das Letras.

 

Rosa e Adolfina, cantareiras de Cerceda nacidas a comezos do século XX, aprenderon a cantar e bailar da súa familia e participaban en festas comunitarias chamadas foliadas. Nos anos 80, unha nova xeración redescubriu estas tradicións. Un momento clave foi a chegada da musicóloga suíza Dorothé Schubarth en 1978, quen recolleu centos de cantigas e creou o Cancioneiro Popular Galego, unha obra fundamental para conservar este patrimonio. A tradición de recoller cantigas continuou por novas xeracións, que percorrían aldeas gravando e documentando a música popular galega para mantela viva. Vendo este vídeo creo que hoxe en día temos que valorar moito as posibilidades que temos hoxe en día, tanto internet, como saber ler partituras. Borda o milagro que Dorothé Schubarth gardara esta cultura nosa, pois se non fora por ela, teríamos moito menos do que podemos coñecer a día de hoxe. NGP (3º ESO).

Paréceme incrible como se pasaron as cantigas de xeración en xeración, xa que no  vídeo di que a Rosa e Adolfina ensináronllas a súa nai e a súa avoa. Tamén como cada momento  que tiñan libre utilizábano para coller a pandeireta e tocar e bailar tanto en foliadas como en  traballos como a sega.  A xente se tivo que mudar para a cidade, e deron por feito que alí tiñan que deixar de falar e de  cantar en galego, entendo que o fixeran para encaixar mellor nesa sociedade e non sentirse  excluídos, pero non o comparto. Aprendín o importante que é gravar as cantigas para que nun futuro as xeracións seguintes poidan  desfrutar delas tanto coma nós. Grazas a Dorothé que recorreu toda Galicia e fixo ese traballo hoxe  en día temos 200 coplas que lle cantaron Rosa e Adolfina ou outras cantareiras, en papel porque ela  molestouse en transcribilas tanto as coplas como as melodías. Así tamén xurdiu o Cancioneiro  Popular Galego, que esta escrito case para xente moi especializada. EOB (4º ESO).

Estes vídeos céntrase principalmente no papel das mulleres na tradición e cultura galega. Móstranos a través de entrevistas e outros tipos de documentos como as mulleres son as principais creadoras e transmisoras da tradición oral e musical.  Tamén falan de varias asociacións ou grupos de mulleres que se reúnen para tocar e ensinar a música. Isto é moi importante porque cando elas tocan e cantan as cancións fan que a xente que as escoite se acorde delas e así llas poden transmitir a outras xeracións. Penso que o obxectivo principal destes vídeos é visibilizar a participación feminina na cultura galega, especialmente na músical, que durante moito tempo pasou desapercibida e non se lles deu o recoñecemento que merecen. Grazas a elas temos moitas cantigas de moita variedade de temas. MPL (3º ESO).

Despois de ver os vídeos doume de conta do inmenso patrimonio cultural que temos e que deberíamos darlle máis importancia da que lle damos ás cantareiras. Páreceme moi interesante que eses tres rapaces que aparecen, sendo tan novos lle dean o valor que teñen ás cantareiras e pandereiteiras. Eu nunca antes me informara tanto sobre o tema pero, ao ver os vídeos e dedicarlle tantas clases a este tema, páreceme moi interesante. Agora mesmo teño a conciencia de como vivían antiguamente e penso que levaban unha vida moi feliz cando estaban a tocar e a cantar coa pandeireta. Outra cousa que tamén me chamou a atención foi cando comentan que as Pandereteiras de Mens botaron para a gravación dun programa tocando dende as 11 da mañá ás 11 da tarde e facendo festa. A verdade páreceme de admirar porque hai que ter forzas e ganas, e ademais hai que ter moita memoria para lembrarse de tantas cancións. Nunca lle dera importancia á pandeireta pero úlltimamente tócoa a todas horas na casa e gústame moito, ademais tamén o disfruto. Supoño que por esa razón as señoras de antes tamén a estaban tocando a todas horas. É moi curioso que cando esteñan cociñando se poñan a cantar. En conclusión, estou sen palabras e interésame moito este tema. CVD (2º ESO).

martes, 22 de abril de 2025

Radio na Biblio: aprendendo con Pedro Iglesias

Os días 22 e 26 de abril de 2024 o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de parcipar nunha formación de radio. Esta acvidade está enmarcada no proxecto RADIO NA BILBIO no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares e ten como finalidade a creación de emisoras/laboratorios de radio e favorecer as competencias informacionais e mediácas do alumnado. Preténdese promover a expresión oral, alfabezación mútilple e o traballo colaborativo. 

Para isto contamos coa presenza de Pedro Iglesias que nos ensinou diversas estratexias para falar na radio como o importante que é transmir as emocións aínda que non nos vexan, ter unha boa dicción e sobre todo a naturalidade. 

Tamén, falamos sobre a importancia da corrección das nosas mensaxes.

Ademais puidemos facer unha pequena gravación e aprendemos a manipulala. Foi unha experiencia marabillosa!





Imaxes do desenvolvemento da actividade.




Estacións de aprendizaxe do 1º ciclo no 2º trimestre

 Neste 2º trimestre o alumnado de 1º e 2º traballamos xuntos/as para aprender coas seguintes actividades nas diferentes estacións. Picade nos enlaces para ver a información. Ademais, este trimestre tivemos unha nova actividade, engadimos a clases de conversa en inglés en parellas para o grupo que estaba no ambiente de xogos, aproveitamos a axuda da auxiliar de conversa e da profe de inglés para practicar a oralidade, foi unha experiencia ben enriquecedora que repetiremos no 3º trimestre. 

- Estación de ciencia e arte. 

- Estación  de lingua e matemáticas. 

- Estación de xogo e construción. 













viernes, 4 de abril de 2025

ESPAZO INTERXERACIONAL: FÁLAME DA EMIGRACIÓN

 

Outro curso máis, o noso centro está a participar no programa interxeracional que Afundación (Fundación Galicia Obra Social) realiza nos centros educativos. Esta iniciativa busca fomentar un encontro de diálogo e experiencias compartidas entre os maiores que emigraron en busca dunha vida mellor e o alumnado de ESO.

Na primeira sesión deste enriquecedor encontro, tivemos a sorte de contar con tres convidados moi especiais: Rosa, que emigrara a Francia; Ezequiel, que viviu en Arxentina e na República Dominicana; e Mª José, que fixo a súa vida en Suiza. Todos eles viñeron acompañados por Teresa Alonso, do Espazo+60 de Afundación de Pontedeume, quen facilitou a conexión entre as xeracións.

Os nosos visitantes compartiron con nós as súas vivencias, as diferentes motivacións que os levaron a deixar a súa terra e as dificultades que atoparon no camiño. Un dos aspectos que máis nos conmoveu foi a morriña que senten pola súa terra e pola familia que deixaron atrás en Galicia. Contaron anécdotas que nos fixeron reflexionar sobre o valor da familia e a importancia das raíces, así como sobre as experiencias que marcaron as súas vidas e, en consecuencia, o devir de moitas familias galegas.

Ao remate da sesión, todos xuntos degustamos unha pequena merenda, onde as risas e as conversas fluíron de maneira natural. Foi unha experiencia interxeracional totalmente enriquecedora, que nos deixou a todos con ganas de máis.

Agora, esperamos ansiosos a segunda sesión, que terá lugar a próxima semana. Nesta ocasión, será o alumnado quen investigue sobre a historia de vida das súas propias familias e comparta os seus traballos, narrando as vivencias de emigración que tiveron que afrontar os seus avós ou familiares.

Non podemos estar máis que agradecidos aos nosos e nosas visitantes por compartir e transmitir os seus coñecementos e experiencias. Este tipo de actividades non só benefician ao alumnado, senón que tamén enriquecen a toda a comunidade educativa, promovendo novas modalidades de aprendizaxe que favorecen o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.








AS NOSAS TRANSMISORAS CON RICHI CASÁS. LETRAS GALEGAS 2025

Xoves 3 abril 2025. Biblioteca Castelao. De 15:10 a 16:25. Emocionante ter traído á nosa escola o espíritu de Rosa e Adolfina Casás, de mán do seu sobriño e neto Richi Casás. Todos/as os que tivemos a sorte de participar desta "obradoiro-fuliada" co músico, poidemos enraizar o noso compromiso coa recuperación e a transmisión do noso patrimonio inmaterial: a música dos nosos/as devanceiros/as.

Esta actividade, organizada polo departemendo de Música e co apoio do Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Castelao, forma parte dun proxecto iniciado este curso, centrado  na recuperación e potenciación da música tradicional galega.

Grazas e parabéns tamén a vós. Tiñades todo  o tema moi traballado, como non vin en ningún outro centro educativo, e os rapaces atenderon con moito interese as miñas explicacións, videos e música. Valoro máis que ningunha outra cousa o feito de que tocarades e cantasedes durante a sesión, pois por moita teoría que se expoña, ó final o que conta é seguir cantando e tocando xuntos. A razón de ser do canto é a xuntanza, e esta música ancestral chegou ata nós porque serviu para xuntar á xente durante miles de anos. Seguide así, fomentando o canto, e quen sabe, se as institucións educativas nos dan pulo, tamén o baile, outra manifestación, se cadra máis corporal e liberadora, do noso ser. Anímovos moito a facer esa foliada en Casa Lourán, e a que sexan os alumnos e alumnas quen organicen e se mova para formar esa festa. Eu estarei encantado de vos recibir se me é posible, e poñer en práctica outra vez todo o falado na sesión de onte. Aproveitade ao máximo a ese alumnado que tedes no centro que son alumnos de grupos folclóricos. É un tesouro e unha sorte contar con eles, e son un exemplo magnífico para o resto. Unha forte aperta a alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela. Richi.