Aquí vos deixamos o capítulo 5 da serie Antón, peregrino do camiño. Nesta etapa Antón levaranos desde Pontedeume ata Betanzos. Xa queda menos para chegar a Santiago!!
domingo, 21 de marzo de 2021
viernes, 12 de marzo de 2021
ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 4. SEGUNDA ETAPA NEDA-PONTEDEUME
Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 4 de "Antón, peregrino do Camiño". Neste vídeo cóntanos a súa etapa de Neda ata Pontedeume, pero nesta ocasión ten un novo compañeiro de viaxe. Non deixedes de velo para saber quen é.
A próxima semana contaranos como foi a terceira etapa que o levará ata Betanzos.
Unha aperta!!
martes, 9 de marzo de 2021
CONCURSO MÓVETE
Cartel Concurso Movete by veracruces on Scribd
jueves, 4 de marzo de 2021
ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 3. PRIMEIRA ETAPA FERROL-NEDA
Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 3 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo xa comezou a primeira etapa que o levou dende Ferrol ata Neda. Aquí podedes ver os lugares polos que pasou ata chegar ao albergue onde quedou a descansar ata o día seguinte. Esperamos que vos guste.
Ah! e estade atentos ao seguinte capítulo no que poderemos
ver a súa andaina da segunda etapa dende Neda ata Pontedeume.
XXV CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN
O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, e adoitando contribir no apoio aos novos valores da nosa cultura e das nosas letras, organiza o XXV Certame Francisco Añón de Poesía.
miércoles, 3 de marzo de 2021
REVISTA MÓVETE XA! Nº 5, FEBREIRO 2021
Móvete Xa 5ª Febreiro by veracruces on Scribd
martes, 2 de marzo de 2021
PROXECTO VIAXE A MARTE
Na clase de 6º de educación primaria creemos que a ilusión é a maxia que leva a acadar os soños, así que soñamos con ir a Marte e queremos que nos acompañes. O primeiro paso é que os nosos nomes cheguen aló, e o teu tamén.
Con estas palabras os rapaces e rapazas de 6º queren convidar ao resto da comunidade educativa a formar parte deste emocionante proxecto de "Viaxe a Marte". Prepararon e repartiron unha bonita carta de presentación que inclúe, ademais do texto explicativo, un carnet personalizado para a futura misión a Marte que levará a cabo a NASA (National Aeronautics an Space Administration)


