Pensemos
nun lugar de gran beleza, onde a natureza e o home están en total sintonía, pois seguramente alí poderiamos
atopar un mosteiro . Iso é o que acontece en Monfero, que conta cunha das xoias
patrimoniais da nosa Comunidade: o “Mosteiro de
Monfero”. Coñecelo e o primeiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa identidade cultural. Este é o principal obxectivo da primeira saída do novo curso escolar. O pasado luns 5 de novembro o
alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria gozaron del e da súa fermosa e
triste historia (dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor)
grazas a visita guiada organizada en colaboración co Concello (o cal
agradecemos a súa colaboración).
Con ela puidemos trasladarnos 500 anos atrás e imaxinarnos unha vida sen comodidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente comprendemos que a nosa paisaxe non é algo inalterable, que cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costumes dos homes e mulleres que nela conviven e que resulta imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos.
O pasado luns 5 de novembro o alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria do CPI Virxe da Cela celebraron o Magosto nun escenario inmellorable: o Mosteiro de Monfero. Aproveitaron esta ocasión para salir das aulas e recibir unha importante lección de apreciación e valoración do noso patrimonio cultural: a recuperación da tradición desta festa das castañas e a visita guiada ao mosteiro, unha xoia da arquitectura.
Completaron esta xornada con actividades lúdicas: xogos populares que se desenvolveron no patio escolar e no pavillón polideportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario