miércoles, 30 de octubre de 2024

OBRADOIRO DE MICRORRELATOS


 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua e literatura galega organizaron un obradoiro de microrrelatos co gallo da conmemoración do Samaín no centro.




É tempo de Samaín e de contos ao carón do lume. O alumnado da ESO fainos a súa achega para crear un ambiente misterioso e desacougante coas súas microhistorias. Imaxinádesvos escoitalas envoltos na luz tenue dunha candea? Semella dar arrepío!

Parabéns ao alumnado polo seu fantástico traballo.

martes, 29 de octubre de 2024

SAMÍN VERSUS HALLOWEN

Podcast realizado polo alumnado de 4º ESO  titulado: Samaín ou cómo Galicia venceu ao Halloween americano coa súa propia tradición.

    

CUARTA REUNIÓN PROFESORADO IV FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

 Hoxe reunímonos os mestres que imos ir de viaxe a Split para elaborar a presentación do noso centro que será enviada a Croacia a través do CFR de Ferrol.

lunes, 28 de octubre de 2024

Premios Mejora tu Escuela Pública

Este venres estivemos na entrega de premios do XII Concurso de “Boas Prácticas Educativas”.

Grazas a Mellora a túa Escola Pública pola excelente organización dunha xornada para compartir experiencias e chea de novas aprendizaxes. Parabéns a todos os centro premiados é unha honra estar entre os centros finalistas co noso proxecto MonferoSolidario.

Parabéns a Mellora a túa Escola Pública por impulsar a calidade educativa de forma innovadora!!!









    Imaxes do acto de entrega celebrado en Madrid.

Video resumo da iniciativa presentado polo centro.


viernes, 18 de octubre de 2024

TERCEIRA REUNIÓN PROFESORADO IV FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

 Venres 18 outubro 2024. 14:00 horas. Biblioteca. Planificación da visita Job-Shadowing dun grupo de docentes belgas (prevista para o martes 12 de novembro 2024). 




Obradoiros de recollida selectiva con Sogama

 A finalidade desta actividade é aprender a realizar unha recollida selectiva dos residuos xerados no centro coa finalidade de xerar unha conciencia ecosocial das nosas responsabilidades persoais. Para isto contamos coa colaboración de Sogama que é encargada de impartir os tres obradoiros nos que participou o alumnado da etapa da Ed. Primaria. 

A idea é que os contedores de separación do lixo cos que contamos no centro sexan aproveitados adecuadamente. Ademais, este curso queremos darlle pulo á compostaxe para que a horta escolar non careza dos nutrientes necesarios para que a mesma creza esplendorosa.  

Desta forma, Cristina a monitora da actividade, acompañounos durante toda esta xornada escolar.

Moitas grazas!!!!

    Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 2º ciclo da etapa.


                                             Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 3º ciclo da etapa.
                                            



                                          Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 1º ciclo da etapa.

Presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia

 Este martes Euroeume acompañounos na visita do delegado do Goberno, Pedro Blanco Delgado, que puido desfrutar da escola onde estudou na súa infancia.

📝 Para a súa visita, preparamos xunto co alumnado, unha presentación onde amosaban o traballo que desenvolven no centro, entre o que tamén están as actividades de Euroeume e o Programa de Educación Social na Escola, que conta con diversos ámbitos de traballo: igualdade co proxecto Enraizadas, educación ambiental co proxecto Hortos e Composteiros e o proxecto Ríos, os novos proxectos de Accesibilidade e Espazos Inclusivos, e, en concreto, o máis relevante desta exposición, o proxecto Coidando-nós, co Consello Escolar da Infancia.

👉🏽 Este último tivo gran importancia ao amosarlles a profundidade do traballo desenvolto no curso pasado e a continuación no presente.

✅ A importancia da formación dunha infancia que medre coa conciencia cara unha cidadanía crítica, activa e implicada nos procesos e fenómenos de cambio e transformación tanto educativos como sociais, xerando ese nexo entre o mundo escolar e o comunitario para camiñar cara unha sociedade máis xusta, onde as crianzas – de onde todo parte - sexan as protagonistas e as súas voces teñan espazo e sexan escoitadas.

🔎 Amosamos o análise que se realizou dos espazos do centro educativo, a avaliación que fixeron dende o alumnado dos patios, as necesidades que detectaron e as propostas e melloras que xeraron a través dun proceso reflexivo cun enorme traballo cooperativo e en equipo.

👏🏼 Foi unha experiencia chea de significado onde as representantes do alumnado fixeron un gran traballo! Parabéns!

#educaciónsocial #educaciónsocialnaescola #coidandonos #conselloescolardainfancia #euroeume #monfero




Imaxes editadas pola asociación EuroEume de diferentes momentos da presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia.

jueves, 17 de octubre de 2024

Entrevista de radio do alumnado de 4º da ESO ao Delegado do Goberno en Galicia: Pedro Blanco Lobeiras

Dentro da visita ao centro de Pedro Blanco Lobeiras, Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia o noso alumnado de 4º da ESO entrevistouno dentro do programa de Radio escolar. 

Unha experiencia inesquecible que xa esta editada en formato audiovisual para que o conxunto da Comunidade educativa poida sentirse parte desta xornada tan especial.

martes, 15 de octubre de 2024

VISITA DE PEDRO BLANCO LOBEIRAS E DE MARTINA ANEIROS

Pedro Blanco Lobeiras, Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, e Martina Aneiros, Delegada Territorial da Xunta en Ferrol, visitaron o martes 15 de outubro de 2024 o CPI Plurilingúe Virxe da Cela, poñendo en valor o modelo educativo deste centro e o seu compromiso coa educación rural e a igualdade de oportunidades como unha das súas sináis de identidade. 

Nesta visita, estiveron acompañados pola Xefatura Territorial de Educación da Coruña da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades de Formación Profesional), Indalecio Cabana que destacou os programas e iniciativas nas que participa o centro e como ditos recursos son empregados para dar unha formación integral ao seu alumnado.

Tamén, por representantes dos concellos de Monfero (alcalde en funcións, Alberto Corizas) e Irixoa (o seu teniente de alcalde) que explicaron actuaciones como o Programa deportivo que desenvolven conxuntamente para o alumnado do centro. 


      Reseña de prensa recollida no Diario de Ferrol.


                                                                             Reseña de prensa recollida no diarío La Voz de Galicia.

                                              Nota de prensa na web do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática.



                                                                         Nota de prensa na web da Xunta de Galicia.

lunes, 14 de octubre de 2024

Os cociñeiros de Monfero preparamos marmelada de figos

Nestes días os exploradores de Monfero estamos a comezar un proxecto sobre os animais e obxectos da nosa contorna. Como nos atopamos en outono, fixemos unha marmelada de figos, produto típico desta estación. Con ela desenvolvemos o pensamento computacional, seguindo as instrucións da receita, a lóxica matemática coas cantidades e tempos, a lectoescritura co etiquetado e a autonomía preparando os alimentos para a súa elaboración. A continuación amosamos un exemplo disto:


Agardamos que as súas familias leven a cabo esta proposta dende a casa e que sexa do voso agrado, xa que aquí gustounos moito!



viernes, 11 de octubre de 2024

SEGUNDA REUNIÓN IV FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

Unha nova reunión do profesorado que está a participar no Programa Observa-Acción tivo lugar na biblioteca escolar o xoves 10 de outubro 2024, ás 14:00 horas. Nesta segunda reunión do curso académico 2024-2025 abordouse a natureza desta IV Fase Internacional, caracterizándose esta etapa  nunha experiencia de colaboración cun centro educativo doutro país asociado ao programa co que intercambiará boas prácticas docentes compartindo, colaborando e reflexionando. Nesta estadía de observación tres docentes no noso centro visitarán outro centro educativo europeo. Contaremos unha Aula Virtual de traballo, similar á que tivemos na III Fase, para que todos os docentes inscritos no programa podamos ir   evidenciando o desenvolvemento da nosa participación no programa, e de maneira grupal deberemos elaborar un produto final. 




Convocatoria IV Fase Observa by veracruces

martes, 8 de octubre de 2024

viernes, 4 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN IV FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN



Convidamos a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela  a asistir á primeira reunión da Fase IV do Programa Observa-Acción, que celebraremos o venres 4 de outubro ás as 13.50 h na biblioteca do centro. Este proxecto ten como finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes a partir da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos participantes, o intercambio de boas prácticas e a implementación das aprendizaxes na aulas e no centro para a mellora da calidade educativa. Así, estamos ante una oportunidade de desenvolvemento profesional docente a través da experiencia en realidades diferenciadas.

Desta forma, participamos na súa I Fase que se centrou na observación entre iguais no propio centro. Aquí, descubrimos que formamos un gran equipo de profesionais con moitas potencialidades que non poden quedar illadas nas aulas.

A II Fase centrouse na observación entre centros da mesma Comunidade. Neste caso co CEIP de Ardán (Marín). Foi especialmente significativa pola forma na que atenden a diversidade nas súas aulas e pola implicación da comunidade na vida do centro. Por exemplo, traballan tendo como base a docencia compartida e aproveitan de forma espectacular as historias sociais.

Unha vez rematada esta, tivemos a III Fase, neste caso viaxamos a Madrid en compañía de profesorado de centros da comarca de Ferrol. Concretamente, o profesorado do centro visitou o CEIP Pintor Rosales do que podemos destacar o tratamento integral das linguas que realizan con moi bos resultados e un compromiso decidido co proxecto Loba.

En ambas ocasións (Fase II e Fase III) profesorado dos centros mencionados visitaron tamén o noso. Sendo experiencias cheas de conversas e reflexións que deixaron pegada.

Neste intre, ao superar as fases anteriores estamos na que será a derradeira (IV Fase). O intercambio de experiencias cun centro dun estado europeo, pendente de concretar. Desta forma, antes de dar comezo ás actuacións queremos convidar ao conxunto do claustro a que vos unades a iniciativa se así o considerades. Para ver un pouco, o desenvolvemento das actuacións remitimos o enlace ás entradas da fase anterior que se atopan na revista dixital do centro (blogue Xesteira).

https://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/search/label/Observa%20Acci%C3%B3n%202023-2024