viernes, 18 de octubre de 2024

Presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia

 Este martes Euroeume acompañounos na visita do delegado do Goberno, Pedro Blanco Delgado, que puido desfrutar da escola onde estudou na súa infancia.

📝 Para a súa visita, preparamos xunto co alumnado, unha presentación onde amosaban o traballo que desenvolven no centro, entre o que tamén están as actividades de Euroeume e o Programa de Educación Social na Escola, que conta con diversos ámbitos de traballo: igualdade co proxecto Enraizadas, educación ambiental co proxecto Hortos e Composteiros e o proxecto Ríos, os novos proxectos de Accesibilidade e Espazos Inclusivos, e, en concreto, o máis relevante desta exposición, o proxecto Coidando-nós, co Consello Escolar da Infancia.

👉🏽 Este último tivo gran importancia ao amosarlles a profundidade do traballo desenvolto no curso pasado e a continuación no presente.

✅ A importancia da formación dunha infancia que medre coa conciencia cara unha cidadanía crítica, activa e implicada nos procesos e fenómenos de cambio e transformación tanto educativos como sociais, xerando ese nexo entre o mundo escolar e o comunitario para camiñar cara unha sociedade máis xusta, onde as crianzas – de onde todo parte - sexan as protagonistas e as súas voces teñan espazo e sexan escoitadas.

🔎 Amosamos o análise que se realizou dos espazos do centro educativo, a avaliación que fixeron dende o alumnado dos patios, as necesidades que detectaron e as propostas e melloras que xeraron a través dun proceso reflexivo cun enorme traballo cooperativo e en equipo.

👏🏼 Foi unha experiencia chea de significado onde as representantes do alumnado fixeron un gran traballo! Parabéns!

#educaciónsocial #educaciónsocialnaescola #coidandonos #conselloescolardainfancia #euroeume #monfero




Imaxes editadas pola asociación EuroEume de diferentes momentos da presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario