viernes, 13 de enero de 2012

VERBAS ESQUECIDAS


Incluímos en Xesteira o enlace para un novo blog creado no noso centro, "Verbas Esquecidas". Este blog é un traballo realizado polos alumnos de 1º de ESO do C.P.I. Virxe da Cela en Monfero, A Coruña. Cada alumno recolleu información no seu contorno: familia, veciños... sobre palabras que xa non se utilizan e con todas elas compoñemos un “dicionario de verbas esquecidas en Monfero e Irixoa”. Moitas de estas palabras aínda son coñecidas por algúns, pero en moitos casos refírense a tarefas, obxectos... que xa non se usan, por iso hai un risco de que se perdan nas seguintes xeracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario