Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme privilexio de
ter connosco a Anxo Fariña, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís
e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero
tamén é autor das coleccións:
• Antón e Pompón.
• Don Quixote e Breogán.
• As linguas dos animais.
• O pelelliño …
• A Monstroescola.
• Gliz, o pastor de nubes.
ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.
Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos coma pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?
Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.
Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!
Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?
http://www.anxofarina.com/blog/

No hay comentarios:
Publicar un comentario