A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) visitou o noso centro para impartir unha interesante e controvertida charla sobre o lobo o mércores 16 de decembro 2020 (1ª quenda : 10:35-12:15 2ª quenda : 12:35-14:05), organizada polo departamento de Ciencias Naturais. O punto de partida desta asociación é a necesidade de reformular o Plan de Xestión da Xunta de Galicia coa finalidade de establecer medidas de control máis severas para a protección do lobo en territorio galego.N esta charla achegámonos un pouco máis a este mamífero co que convivimos e asúa situación actual en Galicia: a súa distribución, os seus hábitos, como identificar as súas pegadas, falsas crenzas e “fake news”, etc. Foron moitas as preguntas e intervencións do alumnado da ESO.
miércoles, 16 de diciembre de 2020
jueves, 10 de diciembre de 2020
AULA STEAM. Programa educativo itinerante Afundación
Este
curso tivemos a Aula Steam itinerante no centro.
Con
ela o alumnado dos primeiros cursos da Ed, Primaria experimentou coa robótica básica
dando valor a creatividade. Pincel e lapis entrelazados coa potencia dun pequeno
robot fixeron que a creatividade escape das nosas mans.
Nos cursos de 5º e 6º coñecemos una nova aplicación da programación con Scratch: programación electrónica con microbit.
Se queres coñecelos na páxina web de Afundación tes toda a información: https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/aula-steam-afundacion
sábado, 28 de noviembre de 2020
O contacontos Caxoto visitounos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller
O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende a Biblioteca Castelao e o EDLG, invitamos a visitarnos ao contacontos Caxoto que nos ofreceu dúas actuacións con esta temática. Primeiramente actuou para a ESO cunha proposta titulada: "Machista eu?", despois actuou para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ca proposta: "Contos vellos novos finais".
Caxoto fai unha recuperación de contos tradicionais e relatos da nosa historia que lle serviron para falarnos do machismo que está intrincado nos nosos costumes de tal maneira que moitas veces nin tan sequera somos conscientes. Falounos dos micromachismos, que como nos dixo, de "micro", non teñen nada, pasan máis desapercibidos pero son tan daniños como a propia violencia contra a muller.
martes, 17 de noviembre de 2020
FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021
XI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
XXII EDICIÓN DOS ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
martes, 10 de noviembre de 2020
CHARLAS SOBRE AS FRAGAS DO EUME. SESIÓN 2
Martes 10 de novembro 2020. Sala UUMM. Impartida por Ángel Prieto (CEIDA) O alumnado de 4º, 5º e 6º EP, nos meses de novembro e decembro, realizarán diferentes roteiros polas Fragas do Eume e pola Costa de Dexo, organizadas polo CEIDA. Nestas saídas coñecerán a flora e a fauna, gozarán da paisaxe e coñecerán a maxia que envolve estes lugares. Antes de que cheguen os días, xa se están preparando para as actividades con charlas informativas que teñen lugar no colexio. Sen dúbida será unha experiencia moi gratificante!
Contextualización Educación Ambiental by veracruces on Scribd
miércoles, 4 de noviembre de 2020
MÓVETE XA! REVISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CPIP VIRXE DA CELA
Acaba de saír o primeiro número da revista Móvete Xa!, iniciativa da mestra de educación física Ruth Varela Mateos. Podedes consultala na súa versión papel (exposición diante da biblioteca Castelao) ou na súa versión dixital. Esta revista está escrita en lingua galega e conta con diversas seccións (entrevistas, debuxos, xogos, receitas saudables, etc) e lanzarase mensualmente. Aínda que é un proxecto realizado polo alumnado de educación primaria, contará tamén coas colaboracións de alumnado de infantil e da ESO, de profesores/as, das familias e de deportistas profesionais.
MONFERO ABRE O COLEXIO AOS MOVEMENTOS CIDADÁNS DE RECUPERACIÓN DA CULTURA
martes, 3 de noviembre de 2020
CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME
sábado, 31 de octubre de 2020
SAMAÍN NO CPIP VIRXE DA CELA
Festa do Medo. EI. Venres 30 outubro 2020.
jueves, 29 de octubre de 2020
RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN E MAGOSTO
Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas. Saúdos
SAMAÍN 2020 by veracruces on Scribd
miércoles, 28 de octubre de 2020
SAMAÍN NA BIBLIOTECA CASTELAO
Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: O Samaín. 🎃👿👻
Máis este curso a celebración vai ser un pouco diferente xa que o maldito COVID-19 💀está a conseguir que non poidamos reunirnos para facer as actividades que tanto nos gustaban, como a decoración de portas de medo, o concurso de cabazas…Aínda así, non deixamos de argallar cousas para celebrar esta data.
Ahhhh!, e lembrade que tedes na biblio un montón de
lecturas e libros de medo....medo???, quen dixo medo???. Atrévete a
descubrilos!!
MUSICANDO CARVALHO CALERO
Animámosvos a que participedes nunha iniciativa promovida pola AGAL en colaboración coa SXPL: - "Musicando Carvalho Calero", un concurso de votación en liña no que hai que escoller tres das dez cancións finalistas. O prazo para votar remata o 30 de outubro. Podedees acceder premendo a seguinte imaxe:
EXPOSICIÓN HOMO SAPIENS NO MUPEGA
martes, 13 de octubre de 2020
PALABRAS QUE DAN MEDO
Iniciativa da Bibliteca Castelao para celebrar o Samaín. "Palabras que dan medo" é unha actividade que consiste en imprimir creacións sobre o Samaín e expoñelas na biblioteca. Trátase de crear unha imaxe segundo estas instrucións: Nun folio ou nunha lámina DIN A4, escribir unha palabra ou frase curta que provoque medo e acompañala cunha ilustración ao respecto. A ilustración pode ocupar toda a lámina e superpoñer o texto. Tamén pode tratarse, simplemente, de unha imaxe que acompaña ao texto. Pódese facer en sentido vertical ou horizontal. Pódese aplicar calquera tipo de técnica, tamén se pode facer enteira por ordenador.
viernes, 9 de octubre de 2020
UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC
Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.
O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de
2020.
Para participar deberase enviar un correo a: alentoesbravexo@gmail.com
Con todo o material recibido tentarase facer un libro, unha
exposición,...(sempre dependendo da situación vírica actual).
Preme aquí para consultar as BASES
Máis información no seguinte enlace: https://axendacultural.aelg.gal/2020/06/30/proposta-unha-manda-de-pezas-para-isaac/
miércoles, 30 de septiembre de 2020
XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S
TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.
Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que
clikar na imaxe que tedes a continuación.
lunes, 28 de septiembre de 2020
PREMIOS YOUTUBEIR@S
jueves, 16 de julio de 2020
RECORDANDO A ROSALÍA
lunes, 29 de junio de 2020
Programación e robótica: aprender a pensar, aprender a crear





miércoles, 17 de junio de 2020
A VOZ DO XESTAL
A voz do xestal from satelite1
jueves, 11 de junio de 2020
CARVALHO CALERO EN EDUCACIÓN INFANTIL
XOGAMOS COAS LETRAS GALEGAS
sábado, 6 de junio de 2020
II ENCONTRO DAS FAMILIAS EN EDUACIÓN FÍSICA
PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS
RADIO NO CPI VIRXE DA CELA
Conto pola Paz: Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén facemos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC.
viernes, 5 de junio de 2020
5 XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
lunes, 11 de mayo de 2020
I CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS
viernes, 8 de mayo de 2020
CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020
Este ano teremos que esperar a outubro para celebrar a nosa gran festa... pero ben podemos ir tendo presente a Carballo Calero, o autor ao que están dedicadas as Letras Galegas este ano, non si?
Pois ben, se premedes nas seguintes imaxes poderedes acceder a diversas actividades interactivas para coñecer un pouco máis sobre o autor ferrolán homenaxeado .
Para comezar a xogar so tes que premer no megáfono que se atopa ao lado do 2
Preme na imaxe