A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) visitou o noso centro para impartir unha interesante e controvertida charla sobre o lobo o mércores 16 de decembro 2020 (1ª quenda : 10:35-12:15 2ª quenda : 12:35-14:05), organizada polo departamento de Ciencias Naturais. O punto de partida desta asociación é a necesidade de reformular o Plan de Xestión da Xunta de Galicia coa finalidade de establecer medidas de control máis severas para a protección do lobo en territorio galego.N esta charla achegámonos un pouco máis a este mamífero co que convivimos e asúa situación actual en Galicia: a súa distribución, os seus hábitos, como identificar as súas pegadas, falsas crenzas e “fake news”, etc. Foron moitas as preguntas e intervencións do alumnado da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario